Carme Aira lamenta o voto en contra do Partido popular á proposta do BNG para establecer un cronograma de actuacións no desenvolvemento da lei
Santiago de Compostela, 17 de xuño, 2021. A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, María Albert reclamou unha avaliación dos resultados, tras un ano de aplicación da Lei de Recuperación da Terra Agraria e criticou que durante “tres lustros” o Partido popular deixara abandonado ao rural. O PP, afirmou, non soportaba que ferramentas como “o Banco de Terras ou as UXFORD, postas en marcha durante o goberno bipartito” foran medidas exitosas polo que decidiu “laminalas”.
Albert, afeou ao Partido popular que, tras un ano de aplicación da Lei de Recuperación da Terra agraria, só mobilizara “226,40 hectáreas en Aldeas modelo e cero en polígonos agroforestais”.
Despois de 12 anos da “aniquilación” do legado do BNG, recalcou, o Partido popular, decidiu poñer en marcha a Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galiza, unha lei, “moi densa e difícil de aplicación” porque pretende “abarcar moito” e para tapar as eivas a consellería de Medio Rural puxo a funcionar a “maquinaria da propaganda”.
Na súa intervención, a nacionalista explicou as razóns polas que o BNG mostra a súa preocupación ante unha lei que votou en contra entre as que destacou a falta de medidas para activar o medio rural para acadar “unha Galiza cohesionada, con soberanía alimentar e relevo xeracional”.
Vai un ano que a LRTA foi publicada no DOG e en palabras do propio conselleiro de Medio Rural, nacía cun obxectivo ambicioso, “poñer a producir terras abandonadas e aportarlle base territorial suficiente ás explotacións que o precisan”. O reto non era pequeno, como probaban os datos. “En 30 anos calcúlase que Galiza perdeu máis de 150.000 hectáreas de superficie agraria útil. Unha parte no abandono, outra forestada, algunha colonizada por frondosas caducifolias e outra urbanizada ou reconvertida en solo industrial”. Sen embargo, engadiu, chama a atención que a lei estrela deste departamento “nacese como un texto de partido, non de goberno”. Unha lei, recalcou que pretende á “desesperada” reverter unha situación pero que non vai acompañada de orzamento.
Se acudimos hoxe á web da AGADER atopamos a sección de “Aldeas Modelo” cun total de 19 aprobadas, das que só 7 entraron en funcionamento con 226,40 hectáreas e no apartado de Polígonos Agroforestais “só hai 2 acordos publicados”, un en Oímbra e outro en Cualedro mentres na prensa son anunciados que se están ultimar 10 na provincia de Ourense pero a realidade, dixo e que o balance é cero hectáreas mobilizadas.
Sobre os acordos de incio aparecen reflectidos:. Barzamedelle (Leiro), Cualedro, Curtis
Mandelos (Crecente), Oímbra,. Pousada (Riós), Solbeira (Paderne de Allariz), Vences (Monterrei), Vilalén- Tomonde (Cerdedo-Cotobade), dos que só, afirmou a nacionalista “temos o nome e unha foto”.
Por outro lado, a deputada do BNG tamén reclamou á directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé Rivera a publicación do Plan de Acción Anual que debe recoller as actuación do Banco de Terras e do Banco de Explotacións así como o desenvolvemento dos instrumentos de ordenación e recuperación da terra agraria “regulados na lei”.
María Albert rematou a súa intervención reiterou a necesidade dunha avaliación da Lei de Recuperación de Terra Agraria para determinar o número de hectáreas mobilizadas, información sobre as demandas das distintas administracións locais para a creación de novas Aldeas modelo e polígonos agroforestais, tramitación das demandas privadas neste ámbitos, a que serán destinados os polígonos agroforestais, se estarán supeditados a un mapa de usos e en que fase de tramitación se atopa este mapa.
O PP vota en contra de establecer un cronograma de actuacións para desenvolver a Lei de Recuperación da Terra agraria
Por outra parte, na mesma Comisión de Agricultura, a deputada do BNG, Carme Aira defendeu unha Proposición non de lei destinada a establecer un cronograma de actuacións para o desenvolvemento da Lei de Recuperación da Terra Agraria.
A nacionalista lamentou que os votos en contra do Partido popular impediran que a proposta do BNG prosperara e reiterou que resulta urxente desenvolver a lei e destinar os fondos necesarios para cumprir as liñas estratéxicas marcadas no texto lexislativo.
Neste sentido, defendeu unha dotación adecuada para a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e nomeadamente para o BANTEGAL, e a implicación real do Goberno galego no desenvolvemento da Lei, a través do Servizo de Explotacións Agrarias, as Oficinas Agrarias Comarcais e o servizo de Infraestruturas Agrarias “co reforzo orzamentario preciso”.
Na súa intervención, a deputada instou á Consellería de Medio Rural a establecer un cronograma de actuacións no relativo ao desenvolvemento desta “complexa lei” e preguntou que número de hectáreas serán mobilizadas ao ano e con que custe por hectárea para as Aldeas modelo e polígonos agroforestais.
Finalmente tamén se interesou polos traballos realizados na creación do Banco de Explotacións.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



