Burela, 18 de xuño, 2022. O Pescados Rubén Burela gaña contra o STV Roldán 3-2, neste partido de volta de semifinais do Playoff polo título de primeira división feminina de Fútbol sala disputado en Vista Alegre. O conxunto mariñán leva a eliminatoria global 4-3 e certifica o seu pase á final.
O partido empezaba en Vista Alegre moi distinto ao anterior, cunhas laranxas dominando a pista co seu xogo e ocasións. Tamén estaban con máis intensidade e demostrando que ían a por o partido. Con todo, cando mellor estaba o conxunto mariñán xogando, ía adiantar o Roldán cun bo gol de Mayte no minuto 7.
A partir dese momento, as murcianas estiveron un tramo moito mellor en pista, con máis actitude e mellor xogo. Con todo, despois dun tempo morto, o Burela ía empatar o partido no minuto 12 mediante Peque, cun disparo que entrou na portería tras rexeitar unha defensa visitante.
Os últimos minutos da primeira parte transcorreron cunhas guerreiras que buscaban seguir aumentando a súa renda, con múltiples ocasións claras e movementos excelentes en ataque. Cilene ía ter as oportunidades máis evidentes de gol, con dous disparos que non entraron por pouco. Con isto, íase a ir ao descanso.
A segunda parte ía empezar aoss 20 segundo cun golazo de Emilly tras executar unha preciosa vaselina que significaría o 2-1. Ata o ecuador da segunda metade as laranxas foron un vendaval , sumaban ocasións sen parar, con disparos de Cilene e accións de Dany, con todo non conseguían aumentar a súa renda. Para que sucedese isto, tívose que chegar ao minuto 29 e Peque facía dobrete poñendo ao Burela con vantaxe de 3-1. Segundo o Roldán sacou de medio, tiveron un disparo ao pau.
O conxunto de Julio Delgado tentaba controlar o partido, pero as murcianas non se ían a render, e a falta de seis minutos sacaron xogo de cinco, co cal Mayte volvía anotar para recortar distancias no marcador 3-2. Os últimos minutos serían de moita tensión, coas visitantes buscando empatar con xogo de cinco. Con todo, o partido ía finalizar co resultado de 3-2.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Jozi, Dany, Cilene, Emilly, Peque – Cinco inicial- Lara Balseiro, Elenita, Jenny, Bea Mateos, Irene Samper, Elena Aragón, M.Cortés, Ale de Paz, Sandra Buzón
STV Roldán: Cristina, Patricia, Noelia, Ángela, Mayte, -Cinco Inicial- Consuelo, Toñi, Andrea, Alba Gandía, Marian, Marian, Carmen , Almudena, Laura y Ana Rubio.
Goles: Min 7 Mayte 0-1; Min 12 Peque 1-1; Min 21 Emilly 2-1; Min 29 Peque 3-1; Min 36 Mayte 3-2.
Equipo arbitral: GALLO SUÁREZ , HEVIA CAMPA, MENÉNDEZ NISTAL, DOS SANTOS MON. Cartón amarelo a Ángela para o Roldán
Incidencias: Partido correspondente á semifinal de volta do playoff polo título de Primera División RFEF Futsal Femenina, disputado no pavillón Vista Alegre. Asistíu o técnico de Seleccións Nacionais de Fútbol Sala , Iñigo Martínez Corchete .





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



