As inscricions para participar nas distintas actividades, con propostas para nenas e nenas desde os catro anos, deben realizarse en comunidadermpl.com
Lugo, 20 de xuño de 2021. A Rede Museística Provincial presentou este mércores no Museo de Lugo as actividades de verán, con distintos obradoiros e propostas didácticas arredor dos recursos e coleccións dos museos pensadas para nenas e nenos de distintas idades.
As actividades desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, cunha axenda propia en cada un dos centros da rede -o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor-. Desde sesións para coñecer o traballo en escavacións arqueolóxica, dirixidas polo arqueólogo Enrique Alcorta, ata obradoiros de distintas disciplinas artísticas coa implicación de artistas locais, convivencias interxeneracionais a redor da tradición oral e viaxes aos distintos museos provincias.
Entre as actividades lúdico culturais da axenda de verán, destacan os obradoiros “Onde nacen as historias”, que procuran potenciar a creatividade e a visibilización de todo tipo de artes, e que se desenvolverán en distintas datas nos catro museos, coa participación de profesionais e artistas como Naira Ferreiros, creadora do proxecto activista de artesanía Hesaxeradas, a artesá de xoias Antonella Rodríguez, a actriz Ana Ribet e a ilustradora Cris Alborja.
As persoas participantes aprenderán a facer xoias con arcilla polimérica, crear unha historia a través da fotografía conceptual, utilizar a impresión textil vexetal, ilustrar lendas galegas, crear e representar obras de teatro ou compoñer cadros utilizando diferentes técnicas pictóricas.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “estas actividades reforzan o coñecemento e a vinculación da cidadanía cos museos, desde as primeiras idades, espertando o interese polo patrimonio e pola creación artística”. Tamén sinalou que “contribúen a ampliar a oferta cultural, especialmente para as primeiras idades nos concellos nos que se ubican os distintos museos, Lugo, Monforte, Cervo e Friol, durante os meses de verán
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



