Mónica Freire destacou a “repercusión deportiva e económica” da proba organizada pola Escudería A Pontenova no concello e na contorna
Lugo, 27 de xuño de 2022.- A deputada Mónica Freire participou este mediodía na presentación da novena edición da Subida á Pontenova, que se disputará a vindeira fin de semana nas estradas do concello, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización do evento, a cargo da Escudería A Pontenova.
A proba, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, conta con 4.8 quilómetros de percorrido pola estrada LU-P-4803, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto). O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte para facilitar a afeccionados e afeccionadas o desprazamento polo percorrido.
A Praza dos Fornos acollerá o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos a partir das 9.30 horas do sábado para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado – a partir das 17.30 – e outros dúas o domingo pola mañá – a partir das 11.30 horas-.
Mónica Freire saudou “a volta desta proba tras os dous anos de parón pola pandemia” e destacou “a repercusión deportiva do evento, que contribuíu a consolidar a Escudería A Pontenova como un referente do motor na comarca, e tamén económica, xa que este tipo de probas xeneran unha gran actividade na hostelería”.
Á espera de que conclúa o prazo de inscrición -ás 21.00 horas de hoxe-, a proba conta cunha trintena de pilotos anotados, entre eles tres da escudería local. Por primeira vez nesta edición, a proba retransmitirase en directo a través das redes sociais da Escudería A Pontenova.
A Subida á Pontenova é a segunda gran proba automobilística que se celebra na comarca da Mariña co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo no que vai de ano, despois de que en maio se disputase o Rally da Mariña.
A área de Deportes tamén é o principal soporte económico para a organización da Subida a Chantada, que se disputará en xullo, e para o Rally San Froilán. Ademais, cada ano convoca unha liña de axudas a pilotos de rally e colabora na organización do Volante Deputación, un programa deportivo e formativo que ofrece a pilotos noveis a posibilidade de iniciarse na competición.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



