Os populares din que manter pechado o acceso á praia de Sacido é un luxo que Viveiro non se pode permitir, porque é un dos recursos que resultan atractivos para o turismo
Viveiro, 29 de xuño de 2022. Manter pechado durante varios anos o acceso á unha praia en área urbana e ao pé dun dos máis coñecidos hoteis de Galicia é un luxo que ningunha cidade se pode permitir e máis se é unha pequena cidade, como Viveiro, que precisa rendibilizar todos os recursos de que dispón. O Concello leva anos sen facer xestión práctica algunha para reabrir o acceso á praia de Sacido, pasividade só entendible, di o portavoz popular, Óscar Rodríguez, no marco da total ineficacia na xestión xa amplamente demostrada da alcaldesa, María Loureiro (PSOE), e o seu equipo. Os populares esixen ao goberno local que, de inmediato, adopte as medidas precisas para abrir o citado acceso.
Que a praia de Sacido non ten acceso dende hai varios anos por causa da probada desidia do goberno municipal era algo máis que unha sospeita, pero dende xuño do 2020 xa non hai dúbida algunha porque a propia alcaldesa, María Loureiro (PSOE), recoñeceu no pleno que tiña gardado un proxecto, redactado por Costas; é un proxecto que, xa entón, estaba feito dende había máis de ano e medio. Así o sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez, que lembra que Sacido, “ademais de ser unha praia fermosa, ten ao seu carón un hotel de catro estrelas; o acceso pechado dá unha imaxe deplorable e priva do seu uso aos veciños de Viveiro e aos visitantes”. Rodríguez sinala: “Dende entón nada se avanzou. O acceso á praia sigue pechado e toda a zona está feita unha selva. É unha pena e unha actitude inexplicable por parte do goberno municipal”.
Os populares instan á alcaldesa Loureiro a adoptar as medidas necesarias para abrir canto antes o acceso á praia de Sacido, nas debidas condicións de seguridade. Óscar Rodríguez manifesta: “É inaudito que cinco anos despois sigamos igual, sen que o goberno municipal faga nada para resolver o problema. Os veciños de Viveiro teñen un bo exemplo neste caso da falta de capacidade do goberno local para defender os intereses do municipio, é dicir, os intereses dos veciños de Viveiro”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



