Castiñeira sae ao paso das acusacións que lle fixo o alcalde e di: “Estou sempre a disposición do meu pobo e todo o que veña para Foz e sexa positivo ben vido sexa, pero poñendo por diante a legalidade e as formas correctas”
Foz, 29 de xuño de 2022. O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, ten unha inmoderada querencia polo recurso á demagoxia e ao ataque persoal, dous modos de estar en política que definen con claridade a quen os utiliza. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sae ao paso das “graves acusacións do señor Cajoto, que di que me dedico a intentar boicotear as obras do Concello; dende logo que nada máis fóra da realidade, como lle consta á xente que me coñece e que sabe o que levo traballado polos meus veciños; esa xente non pode crer iso”. Sinala: “Cajoto equivócase, porque é o xulgado o que di que non pode contratar a Tragsa porque a Deputación incumpriu a lei”
Castiñeira lamenta “que o alcalde intente ir ao honor persoal, cando a política é outra cousa”. Manifesta: “O que si lle dicimos ao alcalde é que, se vai contratar a Tragsa, que o faga de forma legal. Sabe perfectamente que existe unha sentenza na que o xulgado di que a Deputación de Lugo non forma parte de Tragsa porque non se fixo ben o procedemento e ata que se faga ben a Deputación non ten parte en Tragsa e os concellos non poden facer uso dela”.
O portavoz popular fai unha suxestión ao alcalde: “Nesa circunstancia, se Cajoto ten algo que recriminar, que llo recrimine ao goberno da Deputación de Lugo, que non fixo ben as cousas. En todo caso, se quere contratar a obra do aparcadoiro, coa que o PP está absolutamente de acordo, que o contrate a outro medio, pero que o faga de forma legal. A día de hoxe, e non o di o PP, nin Javier Castiñeira, os concellos non poden contratar a Tragsa porque legalmente non é medio propio da Deputación”.
Castiñeira avisa: “Non lle permitimos que terxiverse a realidade e faga demagoxia buscando única e exclusivamente un discurso bonito. Entendo que algún palmero lle pode dar a razón; o resto da xente que viven en Foz coñece as formas de traballar de uns e doutros”. Engade: “Javier Castiñeira está sempre a disposición do seu pobo e todo o que veña para Foz e sexa positivo ben vido sexa, pero poñendo por diante a legalidade e as formas correctas e non as chambonadas como pretende facer o equipo de goberno contratando a Tragsa cando un xulgado non o permite”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



