Castiñeira acusa a Tomé de “practicar unha política absolutamente clientelar e sectaria na que se non es nacionalista ou socialista non tes dereito á mesma ración”
Lugo, 5 de xullo de 2022. O presidente da Deputación, José Tomé, xa ten demostrado que a súa política discrimina aos concellos gobernados polo PP. Ocorre en materia de infraestruturas, de polígonos industriais, de convenios. E tamén é así na gastropolítica de Tomé, como se pode comprobar co discriminatorio Saborea a túa Provincia. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Unha vez máis o señor Tomé aplica a cartilla de racionamento aos alcaldes do Partido Popular da provincia. Neste caso, o que queremos denunciar dende o grupo provincial do PP é o programa Saborea a túa Provincia e a discriminación que se fai por cores políticas, algo que non nos sorprende porque se vén facendo dende que o bipartito goberna na Deputación de Lugo”.
Castiñeira di: “A Deputación, para o Saborea a Provincia, contrata un autobús que pagamos todos e percorre as localidades da provincia promocionando os produtos de Lugo. Nestes dous anos de vixencia, tanto o ano pasado como este, só vai visitar dous concellos gobernados polo PP, a pesar de que o PP goberna no 50% da provincia. Pola contra, os alcaldes do PSOE son os máis afortunados, son os que máis saborean a Deputación de Lugo, dado que, dos 18 concellos que se visitarán, 15 están gobernados polo PSOE. É dicir, o señor Tomé invita a roldas aos seus amigos e pagamos todos. É unha forma de facer gastropolítica moi propia dos socialistas, que veñen aplicando o mesmo método durante estes anos de goberno do bipartito”.
Os populares din que o Saborea a Túa Provincia é só un caso máis, porque “así está a facer con todo: en vez de repartir proporcionalmente, o que fai, primeiro e fartarse el, despois darlle aos seus amigos e despois se sobra algo, para o resto, pero o resto somos practicamente a metade da provincia”.
Castiñeira declara: “O Saborea a túa provincia é só un pequeno exemplo do que nos ten acostumados o señor Tomé: unha política absolutamente clientelar e sectaria na que se non es nacionalista ou socialista non tes dereito a mesma ración. Dende o PP queremos denunciar novamente unha forma sectaria de facer política, o reparto inxusto do que son os recursos da Deputación e o incumprimento do mandato do que debe ser unha Deputación, que debe servir para repartir os recursos e cooperar cos concellos de forma proporcional, especialmente mirando para os pequenos, algo que neste caso, unha vez máis, o goberno socialista non fai”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



