Viveiro, 12 de xullo, 2022. Despois da paraxe provocada polo COVID-19, a 5ª edición do festival de música eletrónica ETHER – An Electronic Odyssey será nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro no día 30 de xullo. A localización do festival terá lugar nun enclave único: entre a histórica Porta de Carlos V e a beleza da ría de Viveiro. O festival será gratuíto e os asistentes poderán desfrutar dos DJ sets a partir das 13:00. Se isto non for suficiente, en Viveiro e a súa contorna hai extensas praias e montañas para os amantes da natureza.
A oferta cultural ofrecida polo Ether 2022 dividirase en 3 partes: Etherkids, Etherplay e o festival de música. As actividades dos Etherkids serán realizadas na semana anterior ao festival de música. Nestas actividades de lecer para os meniños/as, o comportamento creativo é promovido a través de contextos educativos e artísticos tendo a música electrónica como protagonista. No Etherplay, o produtor Álvaro Aragonés (Daar), irá presentarnos o mundo da interpretación e deseño de son con instrumentos reais como secuenciadores, sintetizadores, caixas de ritmo, etc., ben como a preparación dunha actuación ao vivo con hardware viaxando a través da súa metodoloxia e técnicas. A actividade incluirá uma breve parte teórica de iniciación, pasando pola configuración do set up e terminando co inicio do directo. Por último, o festival de música comezará coa sesión vermú, que se conectará co resto das actuacións con presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Urbano principalmente.
A partir do medio da tarde poderemos desfrutar do festival nocturno con artistas nacionais e internacionais da escena electrónica. Para facer da pista de baile unha FESTA en letras maiúsculas, o palco será comandado por 3 grandes nomes: Mark Broom, unha lenda viva da escena Techno e House que editou en música en discográficas emblemáticas como Rekids, M-Plant ou Warp, e que hoxe en día continúa a revolucionar pistas de baile por todo o mundo; Bárbara Lago, unha das novas promesas do Techno estatal máis demandadas na actualidade; e Chica Gang, unhas das Djs máis solicitadas nas noites madrileñas, tal como confirman a súas recentes aparicións no festival Sónar ou nas Boiler Room, onde misturaron estilos tan diferentes como a Makina, o Hyperpop ou o Reggaeton entre outros estilos. Tamén contaremos con Adrian Roman, quen nos mergullará nunha viaxe de Progressive House como el só sabe facer; e os Djs locais Karras Martinez, Llonas e Edmuk JP para reforzaren a vertente máis Techno e House do festival. Finalmente, completan o line-up Drea, que destaca pola súa fusión de Amapiano, Baile Funk ou UK Garage directa a queimar a pista de baile; e SOFFMM, cuxas sesións caracterízanse por mudanzas vertixinosas, ritmos inesperados e estilos que van desde o Reggaeton ou Trap máis melódico, até a Makina ou o Hardstyle máis salvaxe.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



