Foz, 13 de xullo de 2022. O Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: “é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas”.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá verbenas de xoves a domingo: “as orquestras comezarán as actuacións ás 22:30 horas, este xoves no Paseo de Colón, fronte á Rapadoira, e o resto dos días na explanada portuaria.
Confeccionaremos as alfombras na madrugada do 15 ao 16 para que a procesión da Virxe recorra unha vila engalanada. Pido a colaboración de todas e todos, para respectar o traballo dos alfombristas e que todo se desenvolva con normalidade”. O programa completo está dispoñible nas redes sociais do Concello, destacando tamén o domingo 17 os xogos infantís no polideportivo do Campo da Cabana e o XXI Festival Aires do Masma, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural A Subela na praza Conde de Fontao”.
Ángel Fernández Neira, presidente da Asociación O Noso Foz, que é a organizadora dos festexos, desexa a todas e todos unhas boas festas do Carme.
“É un traballo de moitas semanas e quero agradecer a todos os membros da comisión a implicación e o esforzo para sacalas adiante. Tanto os trámites administrativos como o traballo de campo non resulta fácil, pero o obxectivo común é desfrutar das festas e que pouco a pouco nos vaiamos esquecendo das dificultades que vivimos en anos pasados”.
O alcalde, en nome de toda a corporación municipal, aproveita a ocasión para comentar: “visto o que pasamos, máis que nunca, desexarvos unhas felices festas do Carme e un gran verán”.
As festas do Carme tamén se celebrarán na parroquia de Cangas dos días 15 ao 17 de xullo e en San Martiño os días 22 e 23 do mesmo mes.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



