Rodil: “Coa retirada desta tarxeta o Goberno da Xunta empeora a situación de milleiros de fogares galegos, precisamente os que están máis afogados”
Santiago de Compostela, 13 de xullo 2022. O BNG, a través da portavoz parlamentaria de Política Social, Olalla Rodil, reclamou a restitución da tarxeta básica co fin de paliar as urxencias das persoas que máis o necesitan e que viron agravada a súa situación pola forte inflación que están a padecer. A deputada denunciou que a Xunta non só non axuda á poboación máis vulnerábel senón que contribúe a empeorar a situación de milleiros de fogares galegos.
Rodil urxiu á Xunta a manter a tarxeta básica e activar medidas diante dunha gravísima situación económica que está a provocar un aumento das persoas en situación de pobreza e risco de exclusión.
“A Xunta non adoptou nin unha soa medida no marco das súas competencias para aliviar a escalada de prezos, senón que retira o pouco que había co cal está a contribuír a empeorar a situación económica de milleiros de fogares galegos”, lamentou a deputada, que lembrou que o BNG demandou hai máis dun ano a regulación desa axuda básica para sufragar os gastos en alimentación sen obter ningunha resposta do goberno galego.
A deputada nacionalista criticou a “impasividade” da Xunta cos fogares máis afogados pola crise ao non activar ningunha medida da súa competencia como podería ser a actualización do complemento autonómico das pensións non contributivas ou a RISGA, como tampouco reformaron a lei de inclusión, “ e agora acaban coa única medida que sumou o aplauso de todas as forzas políticas como é a tarxeta básica, unha ferramenta áxil que non estigmatiza ás persoas”.
Para Olalla Rodil, a Xunta está a conducir ás persoas máis necesitadas “ao camiño único do banco de alimentos”, polo que insistiu na necesidade de regular a Tarxeta básica, un instrumento que naceu na pandemia mais que, segundo defendeu, é urxente na situación económica actual.
“A situación socioeconómica só fixo empeorar, os alimentos básicos son un 11% máis caros que hai un ano e a pobreza aumenta exponencialmente, un 10% en Vigo e un 8% en Santiago, poño por caso”, explicou Rodil, que lembrou que o gasto social en Galiza é inferior á media estatal.
Diante desta situación, o BNG insiste en que “é necesario manter a Tarxeta Básica para garantir con carácter de urxencia acceso a produtos de primeira necesidade a poboación en situación de pobreza e risco de exclusión social e darlle un carácter permanente como ponte cara á outras prestacións económicas que tardan en ser tramitadas”, como por exemplo a xestión da RISGA, que demora até cinco meses, “un tempo dramático para as persoas en situación de emerxencia”, concluíu.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



