Viveiro, 13 de xullo de 2022. Celeiro acolleu onte a tradicional misa en recordo de todos os falecidos no mar, organizada pola Comisión Pro-monumento ao Náufrago coa colaboración do Concello de Viveiro.
Como cada ano, o 12 de xullo celebrouse en Celeiro esta misa anual por todos os falecidos no mar, lembrando a data na que se produciu a galerna que en 1961 provocou o afundimento de catro embarcacións, tres do porto de Celeiro (o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela), e unha do porto de Espasante (o Santa Lucía), causando un total de trinta vítimas mortais, das que 29 desapareceron no Cantábrico.
Este ano a misa puido celebrarse novamente na Praza do Náufrago, despois de que nos dous últimos anos, como consecuencia da pandemia, se oficiase dentro da Igrexa de Celeiro. A praza en memoria das xentes do mar inaugurouse en 1995 e, dende ese ano, a Comisión Pro-monumento ao Náufrago encárgase da organización desta emotiva misa.
Nesta ocasión, a celebración eucarística estivo presidida polo párroco de Celeiro, Juan Novo Gabeiras, e armonizada polo grupo Sons de Celeiro. Entre as autoridades civís e militares que acudiron á Misa do Náufrago, estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro García, membros do equipo de goberno e algúns concelleiros dos grupos da corporación.
Ademais de colaborar coa comisión para a organización da Misa do Náugrago, o Concello de Viveiro encárgase durante todo o ano do acondicionamento e adecentamento desta praza.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



