As persoas interesadas poderán apuntarse desde este domingo ata o próximo mércores incluído, tanto de forma telemática como presencialmente no Concello o martes ou o mércores
Burela, 21 de xullo de 2022. O Concello de Burela abre o proceso selectivo para cubrir 4 prazas da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, en concreto, dúas delas convocaranse para peóns, unha para peón condutor e outra para capataz.
As bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste venres 22 de xullo, cun prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais desde o día seguinte á publicación, é dicir, desde o sábado 23 ao mércores 27 de xullo. Polo tanto, as persoas interesadas poderán presentar as instancias de forma telemática desde o sábado ata o mércores incluído, e de xeito presencial tanto o martes 26 como o mércores 27 de xullo nas oficinas de rexistro do concello.
A brigada contra incendios forestais que se forme do proceso de selección operará en Burela durante un período de 3 meses.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, informou da publicación das bases e animou “ás persoas que podan estar interesadas a que participen do proceso e aproveiten esta oportunidade”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



