Ribadeo, 27 de xullo de 2022. Despois de dous concertos, en 2016 e 2018, con cheo ata a bandeira, nesta terceira cita o público volveu encher o auditorio ribadense nun concerto cun programa exquisito e de difícil execución que non deixou indiferente a ninguén. Así o corroboraron os intensos e longos aplausos ao final de cada obra.
Guillermo Cruzado cativou ao público cunha posta en escena sobria e delicada propias da súa personalidade. Foi un concerto íntimo, coidado de principio a fin como obsequio e agradecemento aos presentes.
O motivo deste recital virou ao redor da expresión musical de la despedida A través do retrato sonoro realizado por diversos autores, os asistentes gozaron dunha mostra de como se concibe e vive esta experiencia, e das diferenzas que existen entre un “hasta luego” ou un “hasta nunca” en definitiva: unha reflexión sobre o que supón dicir adeus.
En primeiro lugar, estiveron Ravel e o seu Pavana para unha infanta defunta. Coas danzas evoca os movementos dunha infanta, e expresa un entusiasmo nostálxico pola moda e a sensibilidade española que o autor compartía con coetáneos como Debussy ou Albéniz.
Beethoven escribe entre 1809 e 1810 a sonata Lles Adieaux (Op.81a), dedicada ao seu gran amigo o archiduque Rodolfo de Austria cando este retirouse a Viena durante a ocupación francesa. O primeiro movemento fixo referencia á despedida, o segundo á ausencia e o terceiro ao rencuentro.
O terceiro lugar ocupouno o Scherzo nº2 de Chopin, composto en 1837. Nas catro notas do seu motivo inicial atopamos as preguntas existenciais propias das despedidas, nun constante vaivén entre a vida e a morte.
Liebestod (Morte de amor) é o termo que se utiliza para describir o aria final do drama Tristán e Isolda de Wagner, aquí transcrita para piano por Liszt. A heroína Isolda morre de amor fronte ao corpo do seu amado Tristán. Segundo Wagner, o Liebestod non é unha dor física, senón unha transformación: un paso a outra dimensión.
Como chiscadela final El Pelele de Granados, composto en 1914 formando parte dos seus Goyescas. Esta peza fai referencia á despedida do boneco que, cando os nenos atrápano, quéimase.
Unha vez terminado o concerto, ante a insistencia dun público totalmente entregado, o pianista ribadense ofreceu tres propinas. A Marcha Turca de Mozart, un Intermezzo de Manuel Ponce e a Sonata en Re de Mateo Albéniz, deixando aos presentes con ganas de máis.
Os asistentes mostraron o seu desexo de poder gozar no futuro doutros concertos, que sen dúbida farán as delicias do público.
Guillermo Cruzado Martín tivo palabras de agradecemento para o Concello de Ribadeo, Yamaha, que colaborou co piano e sobre todo, reiterou o agradecemento aos asistentes, que tanto o apoiaron estes últimos anos e que el llo quixo devolver da forma que mellor sabe facelo, a través da súa música.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



