O escrito, que foi dirixido ao Ministerio de Sanidade, e ao que se foron adherindo Comunidades de diferente signo político, recolle medidas de choque urxentes en materia de melloras para o primeiro nivel asistencial “que afronta unha situación crítica a nivel de todo o Estado”
Cervo, 29 de xullo de 2022. O Concello de Cervo vén de adherirse ao manifesto impulsado por Galicia (gobernada polo PP) e o País Vasco (gobernado por PNV e PSOE) para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria, que xa foi remitido ao Ministerio correspondente, e ao que se foron sumado autonomías de diferente signo político como, por exemplo, Cataluña (ERC e JuntsxCat).
Este escrito, tal e como apuntou Villares “recolle un conxunto coherente de medidas de competencia estatal en materia de formación sanitaria especializada para implantar de forma urxente como plan de choque para paliar a situación crítica que atravesa a atención primaria no conxunto do Estado”; á que Cervo non é allea.
O manifesto recolle medidas urxentes de competencia do ministerio para tentar facer fronte ao problema máis acuciante do sistema sanitario que é a falta de médicos especialistas en Medicina de Familia e Comunitaria dispoñibles para contratación.
Tal e como precisou Villares, “as comunidades autónomas, que teñen a competencia en materia sanitaria, atópanse co problema da falta de médicos no sistema; aínda que queiran contratar; non poden, polo déficit de sanitarios que existe e que afecta a todos os servizos de saúde autonómicos” tal e como se recolle no manifesto que apunta literalmente a “unha situación crítica a nivel do Estado e que require, en consecuencia, de medidas de ámbito estatal que nos permitan superar conxuntamente esta situación”.
Ante esta perspectiva –engade o escrito- o Estado Español necesita adoptar medidas de choque de forma urxente; alertando de que “se non somos capaces de resolver esta situación, comprometemos a viabilidade da implantación de reformas a medio prazo, pois a sobrecarga asistencial, a fatiga crónica, a falta de tempo por consulta e a desmotivación consecuente que xera, impide impulsar calquera iniciativa do Plan de Acción”.
No pleno ordinario non prosperaron outras mocións que foron presentadas “porque entendemos que a raíz do problema está na falta de facultativos, e tal e como se afonda no manifesto apoiado por comunidades autónomas de todas as cores políticas, a solución está na man do Goberno central, que é o que debe sumar médicos ao sistema para que as comunidades poidan reforzar os seus servizos de saúde”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



