O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se trata dun proxecto piloto de asistencia no rural que pretende resolver o illamento social e atrasar ou evitar a institucionalización dos usuarios
A Fonsagrada, 29 de xullo de 2022. A Consellería de Política Social e Xuventude achega 30.000 euros para o desenvolvemento dunha Escola do Maior na parroquia de Carballido, na Fonsagrada, un recurso pioneiro orientado á prevención da situación de dependencia e á promoción da autonomía persoal mantendo a conexión e relación coa contorna.
A escola sitúase no antigo colexio de Carballido, unha parroquia que suma 18 núcleos de poboación e conta actualmente con 200 habitantes aproximadamente, se ben gran parte deles non residen nin traballan alí de xeito habitual; máis da metade superan os 60 anos de idade.
A Xunta asinou un convenio de colaboración coa entidade promotora, a Asociación de Carballido de Servicios Sociales (Acarserso), para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución durante o exercicio 2022 deste proxecto piloto.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro cos responsables da asociación para coñecer os detalles da proposta, que está organizada e estruturada simulando o ámbito educativo. Ten un carácter integrador, preventivo e asistencial, co obxectivo de atrasar ou evitar a institucionalización dos usuarios, procurando que poidan continuar na súa residencia habitual e socializar con outras persoas coa axuda e atención que lles prestan.
A escola proporá distintas actividades de estimulación psicomotora e cognitiva, como musicoterapia, xogos, manualidades, xardinaría, conferencias sobre a saúde ou mesmo excursións. Deste xeito, non só contribúe á atención e prevención da dependencia senón que mellora a calidade de vida dos usuarios en xeral e evita o illamento social.
Arias sinalou que a Xunta apoia a extensión de servizos de proximidade “que creen oportunidades en todo o territorio, e moi especialmente en áreas con claro declive demográfico e con altas taxas de envellecemento e dispersión”.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



