Ribadeo, 3 de agosto de 2022. O vindeiro domingo, 7 de agosto, celébrase a Xira de Santa Cruz. Co obxectivo de preservar a festa e de manter a súa esencia o Concello prohibe realizar cerramentos con plásticos ou calquera outro material non acorde con entorno así como dispoñer mobles nesa área recreativa. Nun Bando o alcalde, Fernando Suárez, amosa a súa preocupación pola falla de civismo detectada nas últimas edicións, porque moitos obxectos quedaron abandonados alí “parecendo aquilo un auténtico vertedoiro”.
No Bando o alcalde explica que “a Xira de Santa Cruz trátase dunha Festa de Interese Turístico de Galicia que se leva celebrando dende os anos 40, motivo polo que debemos fomentar a súa preservación e promoción, e dentro da cal destaca a romaría celebrada na área recreativa do Monte de Santa Cruz, cedida pola MVMC DE OBE, SANTA CRUZ E CAPELA á Asociación de Amigos da Gaita Galega como organizadora desta festa, organización na que tamén participa o Concello de Ribadeo”.
Suárez Barcia sinala que “despois de dous anos complicados por culpa da pandemia ocasionada polo covid-19, esperamos con máis forza se cabe que chegue esta data tan sinalada para os veciños e as veciñas de Ribadeo e os seus visitantes. Como acontecera en anos anteriores, preocúpanos seriamente a falta de civismo que se ten observando na celebración desta romaría, o que de ningún xeito queremos que acabe coa orixe, propósito e significado desta festa, podendo incluso chegar o momento de que xa non teña razón de ser”.
O rexedor manifesta no Bando asinado nas últimas horas que “xa é unha práctica habitual que de cara a ese día se dispoñan recintos pechados con plásticos agrícolas na área recreativa, que non fan máis que illar á xente, así como toda clase de mobles como sofás e colchóns, entre outros obxectos non acordes, resultando todo isto unha mala imaxe para a festa, co serio agravante de que practicamente nada se recolle ao finalizar a romaría, parecendo aquilo un auténtico vertedoiro”.
No Bando sublíñase que co fin de evitar a problemática descrita, de cara á Xira de Santa Cruz 2022, prohíbese: realizar cerramentos de recintos na área recreativa con plásticos ou calquera outro material non acorde co entorno e dispoñer mobles ou calquera outro material que non vaia co entorno.
Incumprir o anterior considerarase como disposición de residuos nun lugar non autorizado, coa consecuente posibilidade de incoación de expediente sancionador para os responsables.
Fernando Suárez puntualiza que “non obstante, permítese reservar espazos da área recreativa dun xeito tradicional e respectuoso co entorno, como pode ser corda ou cinta plástica, dispoñer toldos ou parasoles para protexerse do sol ou da chuvia que nunca supoñan o illamento dun espazo, así como subir aqueles obxectos directamente relacionados coa festa, coa consecuente obriga de recoller todo ao abandonar o lugar. E por suposto, permítese gozar dunha romaría en familia e cos amigos e veciños, da música e baile tradicional galego, co fin de non perder a esencia da Festa da Xira de Santa Cruz”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



