A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitaron esta mañá unha das zonas na que se están a desenvolver os traballos
Ribadeo, 31 de agosto de 2022. A Xunta de Galicia ten previsto destinar case 0,5 millóns de euros a un proxecto de recuperación do río Eo a seu paso polos municipios de A Pontenova, Trabada e Ribadeo. A intervención executarase ao longo de 25,9 km de río divididos en 3 treitos co obxectivo de mellorar o estado de conservación dunhas 84 hectáreas deste corredor ecolóxico, que separa de forma natural Galicia e Asturias.
Durante unha visita esta mañá a unha das zonas obxecto da actuación, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tivo ocasión de comprobar sobre o terreo os resultados dos primeiros traballos acometidos desde que o pasado mes de maio se iniciaran oficialmente as obras.
En concreto, Ángeles Vázquez explicou que no marco do proxecto se prevén realizar tarefas de control e erradicación de especies exóticas invasoras —Crocosimia x crocosmiflora, Helichrysum petiolare, Acacia melanoxylon e Acacia dealbata— cunha atención especial ás presentes no tramo baixo entre A Pontenova e Ribadeo, así como traballos de retirada de árbores mortas na canle e nas ribeiras fluviais, poñendo o foco nos amieiros afectados por fungos.
Ademais, nas zonas anteriormente descritas, tamén se procederá a reforzar as poboacións de especies autóctonas de hábitats de interese comunitario, como poden ser os bidueiros, freixos, salgueiros, espiños brancos ou carballos.
En canto á fauna ictícola, instalarase un contador de paso como medida de apoio para o seguimento das especies migradoras presentes no río —anguía, lamprea, reo e salmón—. Grazas a este dispositivo poderase contar o número de individuos, medir o seu tamaño, almacenar imaxes e tomar a temperatura da auga, unha información valiosa para avanzar no coñecemento que se ten sobre o comportamento migrador destes peixes.
Por último, o proxecto inclúe traballos para a restauración ecolóxica de sendas, adecuando viarios e camiños existentes entre Ribadeo e a desembocadura do río Trabada ao longo de 10,4 km, empregando en parte a antiga ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Vilaodrid, e instalando dous observatorios e tres pousadoiros para aves.
Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a conselleira explicou que esta iniciativa é unha das máis importantes que executará o seu departamento grazas aos fondos do programa NextGenerationUE reservados á conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade: 26 millóns de euros de aquí ao ano 2026. A finalización dos traballos está prevista para o ano que vén.
Iniciativa complementaria
Tras sinalar que todas as intervencións previstas se centrarán nas marxes galegas do río, Ángeles Vázquez indicou que, en todo caso, a zona tamén se verá beneficiada polos resultados doutro proxecto similar que está a desenvolver o Principado de Asturias na súa parte do corredor, cun investimento estimado tamén en 0,5 millóns de euros.
Ademais, indicou que esta iniciativa de recuperación ecolóxica do río Eo tamén dá continuidade ao programa LIFE fluvial, xa finalizado e no que participaron diferentes entidades galegas e asturianas co fin de acadar unha xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica, sendo o Eo un dos espazos nos que se actuou.
“Galicia é unha auténtica xoia natural e por iso temos que ir facendo actuacións como esta porque, ademais, había que darlle continuidade a ese LIFE fluvial agora que tiñamos a oportunidade de ter estes fondos europeos”, declarou.
Neste sentido, a conselleira subliñou a importancia da intervención que se está a acometer desde hai uns meses nesta zona, que forma parte da Reserva de biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón, a cabalo entre Galicia e Asturias, e conta con numerosos espazos incluídos en Rede Natura 2000.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



