A economía galega require para viabilizar o seu desenvolvemento dunha conexión ferroviaria rápida para levar as súas mercadorías a Europa e dunha conexión ferroviaria de alta velocidade con Portugal, En ambos os dous casos as devamditas conexións haberían conectar tamén os sistemas portuario e aeroportuario galegos coa Europa e co porto de Leixoes e aeroporto Sá Carneiro do Porto.
Porén, seica o Goberno do Estado ten outros plans. Porque ven de quitar o documento Mercancias 2030 no que exclúe ao noso país da autoestrada ferroviaria que conectaría o Atlántico peninsular co conxunto de Europa. Madrid, descoñecendo as recomendacións da UE e as demandas da Xunta, dos partidos políticos e dos axentes sociais galegos, aposta por conectar pos portos de Algeciras e Huelva coa capital do Estado e por conectar os portos de Leixoes, Lisboa e Sétubal vía val do Douro coa liña Salamanca-Valladolid-Burgos-Euskadi-Francia. Se queríamos superar a radialidade centralista velaiquí as dúas cuncas.
Polo que atinxe á conexión ferroviaria con Portugal trátase dun proxecto de vertebramento transfronteirizo que acadaría sempre un cumprido financiamento europeo, moito máis no contexto dos fondos Next Generation. O Goberno portugués prioriza a conexión Lisboa-Porto-Braga-Minho-Galicia a respecto dun AVE Lisboa-Extremadura-Madrid que non lles interesa. O Goberno do Estado prioriza este AVE e adia indefinidamente a programación das obras precisas para a saída sur de Vigo. Empresas como o grupo alemán Deutsche Bahn agardan por esta conexión para licitar pór A Coruña e Santiago a dúas horas do Porto e menos de tres horas e media de Lisboa. Un espazo económico e cultural común, de sete millóns de habitantes (a Gallaecia que integraría Galicia e o Norte de Portugal) agarda pola progresión xeométrica de sinerxias e potencialidades que este proxecto xeraría.
O arquitecto galego Xosé Lois Martínez suxire aqueladamente que todas as Administracións locais do espazo atlántico, Universidades galegas e principais axentes económicos e sociais lle dean un grande pulo social e mediático, como proxecto de País, a esta saída sur por camiño de ferro de Vigo, seguindo o ronsel da tradición galega previa a 1936 na que eran os concellos e forzas económicas e sociais de progreso de Galicia os que promovían e pulaban polas infraestruturas ferroviarias que o País precisaba. Sen dúbida, tanto neste grande proxecto como no da autoestrada ferrovaria de mercadorías a Europa cómpre pormos a intelixencia, a forza e a economía nacionais diante das pantallas, mais tamén na rúa, para obter o que o Estado nos quere negar.
Malia todo, cómpre lembrar que estes atrancos son propios da conformación esencial do Estado. Só se resolven con autogoberno e visión autocentrada. Só se resolven dende a soberanía.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



