O secretario xeral do PSdeG sinala que a decisión que afecta á flota galega promóvea unha Comisión Europea que ten “maioría conservadora” e pídolle ao presidente da Xunta que “faga o seu traballo”
Santiago, 16 de setembro de 2022. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, denunciou hoxe que “quen promove” o regulamento que prohíbe a pesca do arrastre de fondo en determinados caladoiros comunitarios “é a maioría conservadora” que goberna a Comisión Europea, e na que “está integrada o Partido Popular”, polo que emprazou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que “faga o seu traballo” para modificar unha decisión “que atenta contra un sector estratéxico do noso país”.
Formoso participou este venres en Santiago, xunto ao ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, nunha xornada aberta coa militancia socialista para falar da crise de Ucraína e os seus efectos na sociedade. En declaracións aos medios, ofrecidas antes do acto, agradeceu a presenza do ministerio e que sitúe a Galicia nun lugar protagonista da axenda exterior, cos dous cumios europeos que acollerán Vigo e Santiago, a reunión da presidencia europea de Lugo ou co cumio hispano-alemán da Coruña.
En alusión concreta ao problemas da pesca, o líder dos socialistas galegos tamén remarcou que, sin os seus pescadores, “Galicia non é nada”, e por iso lle esixiu ao presidente da Xunta “que faga o seu traballo” de interlocución con Europa, pois advertiu o veto ao arrastre de fondo foi imposto pola Comisión Europea “que ten unha maioría conservadora na que está integrada o Partido Popular”.
O colexios de comisarios está formado por 27 representantes, dos que 17 son conservadores ou liberais, un verde, mentres que o número de socialistas é de nove. Formoso insistiu en que “hai que deixar claro que a Comisión Europea ten unha maioría conservadora” que aproba un regulamento que supón “un ataque” para a pesca en Galicia.
Tamén agradeceu o líder dos socialistas que o Goberno de España anunciara este mesmo venres, en colaboración co de Francia, o seu posicionamento “en contra do regulamento” de Bruxelas contra o arrastre de fondo, como xa teñen feito ámbolos dous países en anteriores ocasiones que se pronunciaron sobre este asunto.
Lembrou Formoso que esta mesma semana acadou o compromiso do comisario de Pesca, Virginijus Sinkevicius, para revisar a restrición ao arrastre de fondo a partir de novembro sempre e cando se aporten informes técnicos e científicos que o avalen. Polo tanto, dixo que o que toca agora é “defendernos xurídicamente”, encargar os informes e traballar con unidades as forzas políticas e os países afectados para intentar modificar unha decisión é absolutamente prexudicial para os intereses dun sector estratéxico para Galicia.
O GALEGO EN EUROPA
Pola súa banda, o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, destacou na súa visita o requirimento do goberno de España á presidencia do Parlamento Europeo para que se permita o emprego das linguas cooficiais por parte dos parlamentarios, incluíndo ao galego. Búscase así garantir os dereitos lingüísticos dos representantes públicos e dar un paso máis pola preservación das linguas minoritarias do Estado.
Salientou que o primeiro evento do mandato de España ao fronte da presidencia da UE será en Galicia, na cidade de Vigo, onde se celebrará un consello informal de pesca, así como, haberá un consello centrado no ámbito da economía e das finanzas en Santiago. Na procura de “aproximar Europa aos galegos”, tamén a cidade de Lugo contará cunha reunión da presidencia comunitaria.
O responsable da política exterior española recordou o cumio hispano-alemán que xuntará ao presidente Sánchez e ao chanceler alemán Scholz, que terá lugar na Coruña a principios do mes de outubro, unha data de especial ante o “desafío enerxético” que pon Rusia e o carácter estratéxico de España polos seus recursos naturais para poder axudar a Europa a superar estas dificultades.
Estas declaracións fixéronse no curso dunha xornada do ministro polo territorio galego, onde visitou as cidades de Lugo e Santiago, participando en respectivas charlas coa cidadanía para tratar as dificultades económicas derivadas da guerra de Ucraína que están a sufrir as sociedades europea e española, pero tamén a galega, co obxectivo de transmitir as súas impresións sobre o futuro do conflito a corto e medio prazo.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



