Os populares din que Tomé e o bipartito que preside “deben poñerse a traballar nos orzamentos, porque xa van tarde; van por detrás da oposición, e non pode botarlle a culpa de que faga o traballo que ten que facer o equipo de goberno porque iso sería ridículo”
Lugo, 21 de setembro de 2022. O presidente da Deputación, José Tomé (PSOE), propende a escola de Largo Caballero, que, como é sabido, era socialista pouco amigo das formas democráticas cando as cousas non pintaban ben para o seu partido. Ao presidente da Deputación no lle gusta que a oposición faga o seu traballo, e menos que vaia por diante do goberno que preside. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “A resposta do señor Tomé ao ofrecemento do grupo provincial popular para traballar nos orzamentos do ano 2023 demostra a pouca capacidade que ten o equipo de goberno da Deputación para elaboralos”. Castiñeira di que Tomé, á vista de que para o 2023 a Deputación terá 4 millóns máis que no actual exercicio, debe invitar a participar na elaboración dos orzamentos aos concellos, ás asociacións veciñais e de distintos tipo e, en xeral, á cidadanía.
Castiñeira considera que “non é lóxico que teña que ser o grupo da oposición, o do PP, o que dea o dato aproximado de como van ser as contas do próximo ano, con case catro millóns de euros máis que no actual exercicio; o equipo de goberno xa debería ter traballado neste sentido”.
En segundo lugar, os populares lembran que “quen debe elaborar o proxecto de orzamentos é o equipo de goberno, que para iso dispón dos técnicos da Deputación e debe intentar consensualo; non o di o PP, iso é o que di a propia lei”. Castiñeira di a Tomé: “Non pode esixir ao PP que elabore os orzamentos; ten que ser o goberno. Perde a oportunidade de pactalos con todos os grupos”.
O portavoz popular lembra que foron os socialistas os que prometeron un proxecto de orzamentos participativo. Onde está, pregunta Castiñeira, “o traballo coas asociacións, cos clubs, con todos os colectivos veciñais para eses orzamentos participativos dos que sempre fala a esquerda pero que despois non fai; que mellor momento que este, cos orzamentos do 2023, tan importantes para a recuperación”.
O PP sigue co seu ofrecemento, “coa idea de mellorar os orzamentos e evitar que sexan o copia e pega que o goberno provincial leva facendo durante todos estes anos”. Castiñeira di que os populares non queren “continuidade orzamentaria”. Sinala que os socialista teñen “unha gran oportunidade, non só para pactar os orzamentos co PP, senón para facelo coa cidadanía, á que prometeu eses orzamentos participativos”.
No PP afirman que Tomé e o goberno bipartito que preside “deben poñerse a traballar, porque xa van tarde; van por detrás da oposición, e non pode botarlle a culpa de que faga o traballo que ten que facer o equipo de goberno porque iso sería ridículo”.



















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



