Ribadeo, 4 de outubro de 2022. O equipo de goberno quere facer do vello Hospital Asilo unha nova residencia confortable, de calidade, preferentemente para a xente de Ribadeo e a prezos asumibles para as rendas medidas desta zona. O alcalde, Fernando Suárez, reclama unha vez máis axuda da Xunta de Galicia para poder acometer a reforma do Hospital Asilo porque súas son as competencias nesta materia, porque debe indicar a onde serán trasladados os residentes mentres se acometan as obras e porque a administración galega “ten unha débeda histórica deshonrosa con Ribadeo” xa que non puxo un peso na residencia nova.
O rexedor dixo que “foi moi intenso e moi importante este pleno ordinario de onte. Moitos puntos importantes e todos aprobados por unanimidade. Debemos destacar a toma de posesión do novo concelleiro David Rivas Peña en substitución de María Luz Álvarez Lastra. A partir de hoxe, David levará as Delegacións de Mocidade e de Novas Tecnoloxías. Tamén reestruturamos o resto de Áreas asignando a partir de agora a Pilar Otero, que levaba Cultura e Consumo, a Área de Educación, e á concelleira Mónica Freire a de Igualdade, que se suma ás que xa levaba de Servizos Sociais e Obras”.
Suárez Barcia seguiu a relatar que “varios dos puntos foron acordos e convenios de colaboración entre os Concellos lindantes ou achegados a Ribadeo en materia de augas, de loita contra as adiccións, etc… o que nos enche de orgullo poder colaborar estreitamente con estes Concellos para a mellora das condicións de vida de todos os nosos veciños e veciñas”.
O alcalde de Ribadeo explicou que “tamén demos conta amplamente da situación presente e futura do Hospital Asilo, este edificio de titularidade municipal e que leva xestionado desde hai mais de cen anos por congregacións relixiosas. Como todo o mundo sabe, necesita moitas melloras para adaptarse ás normativas vixentes que ordena a Xunta. Temos a sorte de ter unha pequena fortuna doada por unha persoa xenerosa, pero que o seu montante, uns 730.000€ (a falta dunha confirmación dun preito que temos contra o Banco de Santander) non chega nin á metade do que o edificio require: un millón seiscentos corenta mil euros de obra, sen ter aínda en conta o mobiliario. Para iso pedimos axuda ao goberno do Estado a través dunha convocatoria de fondos Next-Generation do que aínda non sabemos nada”.
Fernando Suárez lembrou que “tamén levamos dous anos pedindo formalmente á Xunta axuda. Axuda porque as competencias en residencias non son municipais senón autonómicas, axuda porque a Xunta debe indicar a onde se van trasladar os residentes durante a reforma, e axuda porque a Xunta ten unha débeda histórica deshonrosa con Ribadeo porque non puxo un peso na residencia nova”.
O rexedor subliñou que “agora, queremos, e imos facer deste vello Hospital Asilo unha nova residencia confortable, porque queremos que Ribadeo siga tendo dúas que veñan sumando unhas 90 prazas públicas, de calidade, preferentemente para a xente de Ribadeo e a prezos asumibles para as rendas medias de aquí. Por iso, todos e cada un dos membros do goberno, conxurámonos para sacar isto adiante, e se fomos quen se sacar a outra nova contra vento e marea, tamén habemos sacar esta outra. E vaia se o habemos facer”.
Pagamento a provedores
Sobre o pagamento a provedores Fernando Suárez aludiu aos informes dos técnicos: “informes que os técnicos (non os políticos) emiten periodicamente. Neste caso, dos períodos medios de pago a provedores. E qué casualidade que, segundo estes técnicos independentes, o período medio de pago nos primeiros trimestres deste ano 2022 foi de 7,45 días desde que as facturas son aprobadas. Para a aprobación a lei esixe un máximo de 30 días e así se fai sempre. Polo que sumando os dous prazos podemos dicir alto e claro que de media en Ribadeo non se tardan máis de 37 días en pagar as facturas. Moi lonxe, sideralmente lonxe do que algunhas declaracións alucinadas de representantes públicos que viven en universos paralelos andan dicindo por aí”.
No capítulo de mocións houbo un acordo unánime para darlle o nome de Víctor Moro a un espazo público na vila. O alcalde contou que “houbo tamén unha moción do PP, e que foi votada unanimemente, para honrar a memoria do fillo predilecto de Ribadeo, o Sr. Víctor Moro, e darlle o nome a un espazo público que non estivese nomeado e que cumprise a condición de estar preto da ría que el tanto defendeu: A Ría de Ribadeo. Estanse barallando varias propostas que foron suxeridas polo Goberno Municipal e que entre toda a corporación decidiremos cal é a mellor. E finalmente nos rogos e preguntas, pois fixemos coma sempre, atender aqueles construtivos e positivos que melloran o noso concello e desestimar aqueloutros que só pretender enredar”.





















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



