Reyes Maroto reitera o seu compromiso coa planta de San Cibrao e os rexedores temen que as autorizacións dos parques eólicos de subministro por parte da Xunta atrasen a reapertura
As Pontes, 21 de outubro de 2022. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, mantivo este venres nas Pontes un encontro de carácter político con varios alcaldes socialistas da comarca da Mariña luguesa para analizar as decisións e os investimentos levados a cabo polo goberno de España e o grupo Alcoa para a reactivación da planta de aluminio de San Cibrao.
Durante o encontro, que tivo lugar na sede do PSOE das Pontes, Reyes Maroto repasou cos alcaldes o compromiso acadado pola dirección de Alcoa cos traballadores para investir 105 millóns de euros na modernización das súas instalacións. Do mesmo xeito, valoraron os pasos dados para facer viable o futuro da planta de produción de aluminio, que pasaba por chegar a acordos coas compañías enerxéticas para asinar contratos de subministro a prezos estables.
Unha vez que Alcoa comezou a executar os investimentos comprometidos e que asinou os contratados con tres empresas, a preocupación estriba agora na autorización administrativas dos parques eólicos que se encargará do subministro enerxético do complexo de San Cibrao, una tarefa que depende única e exclusivamente da Xunta.
Varios alcaldes amosaron durante o encontro a súa preocupación polo atraso na tramitación dos parques, e expresaron o seu temor de que a prolongue o seu peche debido á burocracia e aos papeleos que dependen de varios departamentos da Xunta.
Outros dos aspectos dos que dou conta a ministra de Industria foi a concesión dunha subvención de 30 millóns de euros a Alcoa para levar a cabo a compra de dereitos de emisión de CO2 que precisa para a súa reapertura. Insistiu Reyes Maroto en que a compañía ten todo o apoio do goberno de España e animouna a sumarse ás peticións do PERTE para a descarbonización que se aprobará en breve.
No encontro de carácter político que tivo lugar nas Pontes participaron, ademais do secretario xeral do PSdeG e alcalde pontés, Valentín González Formoso, o secretario provincial do PSOE de Lugo, José Tomé, e os rexedores de Foz, Alfoz, Ourol, Valadouro, Viveiro, Lourenzá, A Pontenova ou Trabada.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



