Esta iniciativa gastronómica manterá o doble obxectivo co que se lanzou hai xa tres anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”
A Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, pon en marcha unha nova edición do “Camiño Gastronómico do Mar”, unha campaña gastronómica que servirá un ano más para promocionar o “Camiño do Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.
Nesta edición os participantes no Camiño, ademais de saborear receitas de “Peixe de Burela”, calzarán as botas para percorrer cada domingo unha etapa especial da ruta xacobea.
Durante as vindeiras catro fins de semana o “Camiño Gastronómico do Mar” pisará os oito concellos da costa luguesa polos que pasa o Camiño do Mar, visitando cada domingo dous deles. En total serán catro etapas de aproximadamente 20 km cada unha.
A primeira etapa partirá de Ribadeo o próximo domingo 13 de novembro pola mañá e visitará tamén o concello de Barreiros. A inscrición para tomar parte en cada xornada debe realizarse ata o xoves de cada semana na web da asociación (https://www.asocaminodelmar.com/acciones/camino-gastronomico). Seguirán as etapas de Foz-Burela o seguinte domingo día 20, Cervo-Xove o 27 de novembro e finalmente Viveiro-O Vicedo o domingo 4 de decembro.
Como novidade nesta edición, ao final de cada etapa ofrecerase a tódolos participantes unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo de chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrella Galicia.
Ademais da satisfacción de pisar camiños milenarios e saborear a gastronomía do mar, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar 2022” tamén poderán selar en cada concello a súa particular “Compostela” e optarán a un premio final, xa que entre todos eles sortearase unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes que a Asociación Cociñeiros Lugo ten na Mariña.
Esta campaña conta coa colaboración dos concellos polos que discurre a ruta e de Armadores de Burela, e enmárcase dentro das accións de promoción da OPP-7 incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual, e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



