Barreiros, 5 de novembro 2022. O Concello de Barreiros continúa coa mellora da rede viaria local nas parroquias do concello. Neste caso, e ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural están a executarse obras de mellora e conservación e limpeza de cunetas nos viais que comunican aos barrios de A Pedreira, O Teixo e Seoane, na parroquia de Cabarcos nunha lonxitude de 1,6 km.
A cargo do mesmo plan iniciáronse tamén as obras de limpeza de viais en San Xusto e Vilamartín Pequeno para proceder de seguido ao correspondente aglomerado, actuando nestes casos nunha lonxitude de 1,2km.
O Alcalde en funcións e concelleiro de Obras Antonio Veiga e o concelleiro de Medio Rural Dámaso Ratoeira fixeron seguimento da execución das obras na parroquia de Cabarcos e Antonio Veiga manifestou que “continuamos mellorando a nosa ampla rede local de camiños e pistas de acordo a unha planificación e cubrindo zonas progresivamente, coma nesta parroquia onde damos continuidade a outros asfaltados feitos como son o acceso a Fixoucos desde a N-634, e a conexión Fixoucos – A Pedreira”. Afirmou tamén que este tipo de traballos terán continuidade nos vindeiros meses no resto das parroquias, cos fondos do Plan Único da Deputación e tamén con fondos propios.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



