Os populares lembran que a falta de PXOM mantén bloqueada a actividade da construción no municipio e crea graves problemas a veciños como os de A Misericordia
Viveiro, 9 de novembro de 2022. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, é incapaz de ir máis alá da xestión do “pinta e colorea”, como o demostra o feito de que todos os asuntos verdadeiramente relevantes seguen atascados na recta final do mandato municipal. Un dos asuntos que non saen adiante, con grave prexuízo para os intereses do municipio, é a tramitación do imprescindible Plan Xeral de Ordenación Municipal. Así o pon de manifesto o portavoz popular, Óscar Rodríguez, ao fío da sesión plenaria celebrada na noite do martes pola corporación municipal. “Unha vez máis quedou claro que o goberno local é incapaz de sacar adiante o planeamento urbanístico”.
Para o portavoz popular, “é inaudita a incapacidade dos gobernos presididos por alcaldes socialistas en Viveiro para dotar ao concello dun planeamento urbanístico acorde ás necesidades e condicións do municipio, no seu conxunto, e da cidade en particular”. Engade: “Levamos anos e anos nos que supostamente se está a traballar para a redacción do PXOM, pero todos os anos acaban sen que se saiba nada sobre o novo planeamento”.
Rodríguez indica: “O desenvolvemento de Viveiro está bloqueado por falta de PXOM; e dicir que está bloqueado quere dicir que o sector da construción está parado e que son moitos os veciños que sofren as consecuencias da falta de desenvolvemento urbanístico dos seus barrios”. Cita, nesta liña, o caso dos veciños de A Misericordia, que reclaman, sen éxito, a mellora do acceso a este barrio”.
O portavoz popular lamenta que aqueles que no seu momento apoiaron ao socialistas non foran capaces de esixir que se executaran os compromisos con eles adquiridos, como foi o da redacción do PXOM. “Non será pedindo máis comisións nas que o goberno diga o mesmo que leva anos dicindo como se dotará a Viveiro do PXOM que necesita e cada vez con máis urxencia”. Rodríguez lamenta que a única reacción do goberno local sexa intentar botar a culpa da súa incapacidade de xestión a outros organismos e administracións.
Óscar Rodríguez sinala: “Con tal de non asumir responsabilidades, son capaces de dicir o que faga falta e de facelo sen ruborizarse. Unha boa mostra é a resposta do goberno local fronte á nosa petición para mellorar o pavimento da Calexa das Monxas; limitáronse a indicar que se hai caídas é porque os peóns non usan o calzado adecuado. E quedaron tan anchos”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



