Cervo, 17 de novembro, 2022. A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de emisións de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na última Autorización Ambiental Integrada (AAI).
Logo de que en 2015 a empresa substituira o fuel por gas natural no seu proceso produtivo, particularmente nos fornos de calcinación para a produción de alúmina, agora solicita unha modificación substancial da AAI porque “las tensiones comerciales y regulatorias que existen hoy en el mercado nacional e internacional de gas natural … con precios en máximos históricos están afectando muy significativamente al coste de la producción de ALÚMINA ESPAÑOLA y provocando pérdidas millonarias”.
Cómpre lembrar que a substitución por parte de ALCOA en 2015 do fuel, un combustíbel moi contaminante polas súas elevadas emisións de óxidos de xofre (SO2) e nitróxeno (NOx) non foi unha concesión da empresa “en su firme compromiso con la sostenibilidad y la búsqueda de la mejora continua” como din na súa solicitude, senón unha obriga imposta pola Directiva 2010/75/UE sobre Emisións Industriais, concretada da Lei 5/2013 e no RD 815/2013 que regulamenta as emisións industriais. Estas normas establecían límites moito máis estritos para a emisión de contaminantes, particularmente óxidos de xofre (SO2) e nitróxeno (NOx), nos procesos industriais de xeración de calor e electricidade con combustíbeis fóseis, polo que tanto ALCOA como moitas outras empresas que queimaban carbón ou fuel, tiveron que paasarse ao gas.
Cartos públicos para “descarbonizar” mentres aumenta as emisións

A empresa pretende agora recuperar o fuel como combustíbel en tres fornos de 147 MW cada un para a calcinación da alúmina. Na actual AAI, os valores máximos de contaminantes fixados nestes procesos para os óxidos de xofre e nitróxeno son 35 mg/Nm3 para o SO2 e 450 mg/Nm3 para NOx. Co paso a fuel, pasarían a emitir 1700 mg/Nm3 e 615 mg/Nm3 respeitivamente; isto é un 4.757% máis para os óxidos de xofre e un 35% máis para os óxidos de nitróxeno.
Dase a circunstancia ademais que a Xunta xa lle permitira a ALCOA superar o límite de emisión de NOx, establecido no RD 815/2013 e fixado en 200 mg/Nm3. Agora ALCOA pide novamente a graza de superar este valor para o nitróxeno, e a maiores disparar tamén a contaminación por óxidos de xofre até 1.700 mg/Nm3, moi por riba do límite legal de 250 mg/Nm3.
Curiosamente ALCOA opta a poder financiarse cos fondos do PERTE (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia), uns 3.000 millóns de € do Goberno español para descarbonizar a industria electrointensiva, particularmente a do aceiro e do aluminio. Así que por unha banda, a empresa pretende pagar con fondos públicos a súa descarbonización e por outra intensificar a súa emisión de gases contaminantes. O “aluminio verde” que din van producir semella pois bastante marrón, ou vermello, como as lamas da súa inmensa balsa tóxica que tamén pretenden ampliar.
A Xunta pregouse recentemente ás demandas de ALCOA e permitíulle na AAI de 2020 superar os límites de contaminantes fixados pola normativa europea para o flúor e as partículas, coa excusa de aforralle custos de produción e evitar despedimentos. Agora a guerra na Ucraína dá a ALCOA a excusa perfecta para reducir custos, e seguir a cargar sobre o ambiente e a saúde da cidadanía a imensa débeda ambiental xerada pola empresa en máis de 40 anos na Mariña.





















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



