O adestrador Julio Delgado prepara ás súas xogadoras máis xoves, Dasha e Claudia, que xogaron gran parte do encontro
Burela, 19 de novembro, 2022. Esta mañá, ás 12.00 horas tivo lugar o encontro CD Burela FS – Joventut d’Elx CBV no pavillón Vista Alegre de Burela. O mellor equipo do mundo enfrontábase a un dos equipos situados máis á cola na clasificación da Primeira Federación de Futsal Feminina, como era de esperar o partido rematou 7-2 a favor do equipo laranxa e permiteu desfrutar ao grande público do Vista Alegre de moitos minutos de xogo das xogadoras máis xoves do Burela FS, Dasha e Claudia, das categorías xuveniles do club, que deron a talla tal e como era previsto polo adestrador Julio Delgado, que asegura que “era un partido no que podían ter minutos, son partidos nos que me gusta que as xogadoras sintan a presión”, decidindo sacalas co marcador 0-0, Dasha no minuto 8, para “que sentiran un pouquiño a presión porque é o que teñen que sentir despois cando vaian medrando e teñan a oportunidade de xogar en Primera División de forma continua”. Asegura que todo o equipo vai intentar facer todo o posible para conseguilo e que elas están respondendo moi ben.
O partido comeza algo atascado, cunha oportunidade de Irene Samper no minuto 4 pero o equipo burelao “non consegue dar na tecla” ata o minuto 12 no que, trais unha grandiosa carreira de Emilly practicamente dende a portería local, Sasha mete en propia porta e abre o marcador 1-0 a favor das locais. Uns segundos despois, de novo Emilly suma outro gol ao seu ranking da temporada (12) e o 2-0 que anima ao seu equipo a continuar a goleada coa que remata o encuentro, xa que de novo no minuto 13, Dany suma o 3-0, no 16 Antía o 4-0 e no 29 Mariia despista a Jozi co primeiro gol do equipo visitante. Ímonos ao descanso 4-1.
No minuto 25 da segunda parte, Jenny suma o 5-1 e continúa con outra oportunidade no mesmo minuto e o 5-2 por parte de Lydia. No minuto 31, de novo Antía Pérez pon o marcador 6-2 e para rematar, no último minuto, volve unha moi grande Dany e sentencia o 7-2 final. Un partido mentalmente espeso pero con moitos goles e que dá ao CD Burela FS 3 puntos na clasificación.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: Jozi, Dany. Cilene, Irene Samper, Emilly, – cinco inicial- Claudia, Jenny, Antía, Patricia, Caridad.
Marín Futsal: Judit, Ceci, Aitana, Lydia, Sasha, – cinco inicial- Anais, Sara, Lucía del Río, Mariia.
Goles: Min.11 Sasha 1-0; Min.11 Emilly 2-0; Min.12 Dany 3-0; Min.15 Antía 4-0; Min.18 Mariia 4-1; Min.25 Jenny 5-1; Min.25 Lydia 5-2; Min.30 Antía 6-2; Min.39 Dany 7-2.
Equipo Arbitral: Roberto Segundo Amor Vizoso, Iria de Luis Iglesia, Pablo Coello Martínez, Andrea de Luis Iglesia.
























A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.

