Viveiro, 24 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro leva traballando a través da Asociación Amigos do Casco Histórico de Viveiro desde hai un mes na instalación do belén “Viveiro ante o berce”. O belén, organizado polo Concello de Viveiro e co cofinanciamento da Deputación de Lugo, será inaugurado o vindeiro luns 5 de decembro.
A alcaldesa, María Loureiro, visitou esta mañá o belén, que supón un dos grandes atractivos turísticos da vila durante o Nadal. Como cada ano, trae novidades que os visitantes terán que descubrir.
O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
O Concello de Viveiro anuncia ademais que o belén poderá visitarse dende o luns 5 de decembro, coincidindo co acendido das luces de Nadal, ata o vindeiro 11 de xaneiro.
“Esta iniciativa permítenos alongar a campaña de Nadal, favorecendo o fluxo de visitantes, o comercio e a hostalaría. Ademais, a Deputación de Lugo recoñeceu ao noso belén como unha das melloras iniciativas de promoción turística da provincia, cun premio na categoría Lugo Cambia ao Turismo”, sinalou María Loureiro, rexedora de Viveiro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



