Luís Bará aludiu ao “vendaval xudicial” contra a política eólica da Xunta e denunciou á Consellería de Medio Ambiente por condonar 12M€ a Greenalia, cartos que perde a facenda pública
Santiago de Compostela, 25 de novembro 2022. O BNG denunciou na Cámara as irregularidades legais do Goberno do PPnos parques de Lamas de Feás e Campelo, denunciados perante a Xustiza pola decisión do PP de perdoarlle 12 millóns de euros en impostos a Greenalia, empresa onde senta no consello de administración a ex-conselleira Beatriz Mato.
ADEGA denunciou por prevaricación e malversación de fondos a Paula Uría, a anterior directora xeral de Planificación Enerxética. Uría asinou a convalidación dos parques do Campelo e Lamas de Feás, malia diferir estes plans da proposta orixinal de Greenalia para o concurso eólico do 2010. Uría deu por executado o plan, o que eximiu á empresa de ter que pagar 11,7 millóns de euros á facenda pública. Greenalia, ademais, obtivera nos dous casos investimentos derivados de fondos públicos da Xunta. “Isto é unha manifesta ilegalidade, e caerán con todo o equipo cando se pronuncie a Xustiza”, advertiu o portavoz de Medio Ambiente, Luís Bará, que aproveitou para recriminarlle ao PP a súa política de “portas xiratorias” que exemplifica o caso da ex-conselleira do PP, Beatriz Mato.
Neste sentido, Bará denunciou o enfoque “depredador” da Xunta respecto da normativa ambiental, xa que o Goberno do PP reduciu “de 30 a 15 os días para que a cidadanía puidera recorrer estes parques perante a Xustiza”, recriminou. Este “annus horribilis” para a Xunta evidencia “un cuestionamento social, institucional, de Xustiza, do eido consultivo e universitario. Vostedes foron demasiado lonxe”, argumentou.
O deputado do BNG fixo alusión tamén á sentenza do Tribunal Supremo en relación ao parque da Serra do Iribio, “no que o Goberno do PP destruíu un espazo protexido pola Rede Natura, que van facer para reparar o estrago feito?” inqueriu. “No caso dos parques de Corme ou Roncudo tamén lles botaron abaixo o proxecto. Vostedes incluso permitiron instalar unha turbeira ao carón dun aeroxenerador”, criticou.
Bará denunciou a “barra libre” dunha política eólica “propia do far west” que deixa á poboación alarmada pola liberalización realizada pola Xunta, “que permite colocar un parque eólico ao carón dunha casa”. Recriminou tamén a modificación da Rede Natura que o PP quere executar na Lei de Acompañamento aos Orzamentos deste 2022; un cambio “feito pola porta de atrás dentro da lóxica da súa política depredadora”, sinalou.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



