Viveiro, 2 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro anuncia para o mércores día 7 a realización dun obradoiro que tratará do Plan de Implementación da Axenda 2030 na vila, unha actividade que serve para dar un paso máis na adhesión do municipio ao proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación”. Este programa está concibido como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible.
A Sala Multiusos do Concello acolle o día 7 de decembro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, este taller no que se explicará a Axenda 2030 e os seus 17 ODS como reto mundial no ámbito local, se exporá cal é o punto de partida do Concello de Viveiro segundo a análise realizado tras o proceso participativo de recolla de información levado a cabo fai uns meses, e se presentará tamén a proposta local. Posteriormente abrirase a intervención a todos os asistentes para que as veciñas, veciños e persoal do Concello dea a súa opinión e faga as súas aportacións.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) impulsa dende 2017 a promoción desta Axenda 2030 no eido local en Galicia, que a pesar da súa ambición global trátase en esencia dun proxecto que emprega as institucións máis próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.
A inscrición a este interesante obradoiro pódese facer a través do seguinte enlace: https://forms.gle/hL3hx2WDorX1CnpbA

























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



