Ribadeo, 19 de decembro de 2022. A Concellaría de Mocidade deseñou un amplo programa de actividades de Nadal, que inclúen cine, deportes e teatro.
O edil David Rivas explicou que “teremos o ciclo Cine no Nadal os días 26, 27, 28 e 29 de decembro ás 17:30 horas no Cine de Ribadeo e coas entradas ao prezo de dous euros. A rapazada de todas as idades poderá ver películas como Tadeo Jones-La tabla esmeralda, Reyes contra Santa, A todo tren 2, Mundo extraño, Gato con botas: el último deseo ou Avatar: el sentido del agua”.
O concelleiro de Mocidade seguiu a relatar que “haberá actividades deportivas no pavillón da rúa Alfredo Deaño os días 27, 28, 29 e 30 de decembro de 11:30 a 13:30 horas para nenas e nenos a partir de 6 anos. Contaremos con tiro con arco, bádminton, inchable de escalada, multideporte e circuíto vial. E o 30 de decembro terá lugar unha festa lúdica de 16:30 a 19:00 horas para todos os públicos, con inchables, obradoiro de maquillaxe e discoteca con baile dirixido”.
Rivas Pena contou que “en Ribadeo recibiremos a visita de Sarabela Teatro o 4 de xaneiro ás cinco e media da tarde, que chegan con Asamblea xeral, unha coprodución co Centro Dramático Galego. Pero antes temos unha cita importante, que será a XXXII San Silvestre. Lembramos que a inscrición estará aberta ara o 26 de decembro”.
O edil ribadense anima “á nosa rapazada a gozar das propostas que desde o Concello preparamos para todos eles, tanto no pavillón como na carpa do parque de San Francisco, onde arrincará o RibaXogo este venres, día 23”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



