NOTA DE PRENSA
BALSEIRO LÉMBRALLE A BESTEIRO QUE DURANTE CATRO ANOS O PSOE FOI INCAPAZ DE INICIAR AS OBRAS DO PARQUE DE BOMBEIROS DE VIVIERO E QUE FOI O PP QUEN, TRAS CHEGAR AO GOBERNO, ADXUDICOU ESTA ACTUACIÓN QUE SE ESTÁ A EXECUTAR
* Os socialistas onte como hoxe representan o Goberno das fotos e da propaganda, pero lonxe disto, despois son incapaces de levar adiante proxectos concretos como o parque de Viveiro, que xa prometeu Méndez Romeu en xuño de 2006 pero non se adxudicou ata novembro de 2009 co conselleiro popular Alfonso Rueda.
* Balseiro empraza a Besteiro a que explique en nome de que PSOE fala e subliña o discurso incoherente e contraditorio que mantén esta formación política cando se trata de abordar o convenio para dotar servizos a Barreiros “medio PSOE se opón e outro medio pide que se execute. Que se aclaren!”.
A Mariña, 20 de agosto de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e deputado mariñán Jose Manuel Balseiro Orol lembrou ao socialista Gómez Besteiro que durante catro anos o Goberno bipartito na Xunta foi incapaz de nin tan sequera iniciar as obras do parque de bombeiros de Viveiro. “Tiveron toda unha lexislatura completa e non existiu vontade no Executivo de socialistas e nacionalistas para dotar á Mariña deste servizo de emerxencia, e agora despois de atrasar e obstaculizar esta actuación din estar preocupados por unha suposta lentitude das obras, pois non estaría nada mal que demandaran explicacións aos dirixentes do seu partido que foron os responsables disto”. Pola contra Balseiro subliña que foi un Executivo do Partido Popular, pouco despois de acceder á responsabilidade de goberno na Xunta quen adxudicou esta actuación e quen está a executala, quen en definitiva, “corrixirá un esquecemento no que incorreu o bipartito e dotará á comarca do parque de bombeiros que outros, como Besteiro e os seus compañeiros de partido, lle negaron”.
Jose Manuel Balseiro afirma que os veciños da Mariña son cada día máis conscientes de que onte como hoxe os Executivos do PSOE representa “o Goberno das fotos e da propaganda”, pero que “lonxe dos sorisos e das instantáneas, son incapaces de levar adianta un só proxecto concreto como neste caso é o parque de Viveiro que xa fora comprometido polo conselleiro socialista Méndez Romeu para que entrara en servizo en xuño de 2006 pero que non se adxudicou ata novembro de 2009 por vontade expresa do conselleiro popular Alfonso Rueda”. “Os feitos así o demostran, e polo tanto, uns venden fume e outros temos un traballo que nos acredita a prol da Mariña e dos mariñaos”. O Goberno bipartito incumpriu reiterada e deliberadamente durante catro anos todos os cronogramas de posta en servizo dos parques de bombeiros, actuación que desbloqueo o PP, que fará realidade este servizo.
ROEL RECLAMA AGORA CELERIDADE TRAS CATRO ANOS MUDO
Afondando na cuestión Balseiro explicu que o que fora Conselleiro de Presidente co bipartito, o socialista Méndez Romeu prometeu a apertura do parque en xuño de 2006 estaba acompañado do alcalde vivairense, Melchor Roel quen se felicitaba pola data. O mesmo que agora reclama celeridade agora, non fixo propio ante os incumprimentos dun Goberno da súa mesma cor política. Pero ademais, tampouco o PSOE foi capaz de proceder á apertura do outro parque de bombeiros previsto na nosa comarca, o de Barreiros, pese a que o PSOE tiña na súa man facelo durante catro anos, xa que gobernaba tanto na Xunta como na Deputación.
DOBRE DISCURSO DO PSOE SOBRE BARREIROS
O secretario xeral dos populares lucenses tamén quixo replicar as palabras de Gómez Besteiro ao respecto do convenio que permitirá dotar de distintos servizos a Barreiros. Nesta liña emprazou ao dirixente socialista a que se explicase “en nome de que PSOE fala”, pois resulta evidente que os socialistas neste ámbito están a manter un discurso incoherente e incluso contraditorio. “Pedimos que Gómez Besteiro explique se falta en nome do PSOE de Santiago, que parece apoñerse de xeito radical ao acordo asinado entre Xunta, Deputación e Concello para desbloquear a situación neste termo municipal”, si o fai en nome do PSOE de Lugo “onde existe un deputado que como verso solto insiste en criticar un acordo que foi asinado polo propio Besteiro” ou si pola contra está a falar en nome propio, ou en calidade de presidente da Deputación. “En definitiva, medio PSOE se opón, e o outro medio pide que se execute. Que se aclaren!”
Balseiro lémbralle aos socialistas que o convenio de Barreiros ten por obxecto solucionar un problema que foi creado pola propia Xunta bipartita que desde o primeiro momento tivo na súa man empregar unha fórmula destas características pero preferiu empregar a confrontación institucional e a criminalización do Concello de Barreiros en vez de buscar solucións que redundaran en beneficio dos veciños. “Está claro que hai dúas formas de Gobernar, ao do PSOE, que busca xerar problemas, e a do PP, que busca as fórmulas axeitadas para solucionalos”





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



