A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, participou na entrega de premios desta proba na que participaron unhas 300 persoas e que destina o 30% da inscrición á Asociación da Saúde Mental da Mariña
Lugo, 8 de xaneiro de 2023. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou este domingo na entrega de premios da categoría absoluta da Carreira Popular Solidaria de Reis de Barreiros, que tivo lugar no campo de fútbol O Cascabeiro, e na que participaron preto de 300 persoas. A proba deportiva, organizada pola Concellería de Participación e Dinamización Veciñal do Concello mariñán e coa que colabora a Deputación de Lugo, doa o 30% da inscrición á Asociación Saúde Mental da Mariña.
García Bermúdez sinalou que a aposta polas políticas sociais “é xa un sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso -engadiu-, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo para todo tipo de accións”. Neste sentido, a Deputada lembrou que a institución provincial colabora directamente coa Asociación Saúde Mental da Mariña que conta con 120 usuarios e usuarias dos servizos nos centros de Burela, Ribadeo e Viveiro, e subliñou a importancia de apoiar ao tecido asociativo. “Hoxe quixemos vir aquí como mostra do noso compromiso con esta asociación e para apoiar ao Concello de Barreiros por esta iniciativa solidaria”, apuntou Bermúdez.
O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo encargouse da gravación íntegra e da difusión da proba deportiva.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


