Ante un Goberno do PP convertido nun terminator para a sanidade pública, o BNG fixa como prioridade defender a saúde do galegos e das galegas
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro do 2023. Tras trece anos de privatizacións e recortes do PP, a sanidade pública atópase cunhas urxencias saturadas, baixas que non se cobren, PACs sen persoal médico, milleiros de persoas sen facultativo e milleiros de nenos e nenas sen pediatra asignado.
Nesta situación, a portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que a prioridade do BNG neste 2023 será defender á cidadanía “ante un goberno do Partido Popular convertido nun perigo para a saúde dos galegos e as galegas” e que, por riba, intenta culpabilizar ás persoas usuarias do sistema público de saúde. “Como se pode dicir que as urxencias baixan cando hai partido de fútbol? Ameaza a saúde da cidadanía e por riba fáltanlle ao respecto con declaracións que son intolerables”, destacou Pontón.
A líder do Bloque tamén foi moi crítica cun PP empeñado en botar balóns fora, buscar culpables e en negar a realidade. “Como se pode dicir que non hai problemas nas urxencias cando estamos cansos e cansas de ver os corredores dos hospitais e as salas de espera colapsadas coas persoas doentes agardando a ser atendidas ou a que se lles asigne unha cama, nunha imaxe terceiromundista, impropia dunha sociedade avanzada que ten que ofrecer uns servizos públicos de calidade”, argumentou.
Pontón avanzou que nesa defensa do sistema público de saúde, o BNG vai propoñer no Parlamento blindar por lei o financiamento da atención primaria até acadar as cifras recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Igualmente, propón reverter os recortes empezando cun plan de choque de 200 millóns de euros para sacar primaria do abismo; a transferencia e planificación da formación MIR e a ampliación da carteira de servizos con novas especialidades como a de psicoloxía clínica, “tendo en conta que un 30% das consultas habituais teñen que ver coa saúde mental”.
A grave situación da sanidade está provocada por trece anos de recortes do PP para favorecer o negocio privado, de feito, só en atención primaria hai un caída acumulada do investimento de 2.300 millóns de euros, o que converte ao Goberno de Rueda nun terminator da sanidade pública.
A portavoz nacionalista seguirá dando a batalla a favor da sanidade pública tanto nas institucións como na rúa e, neste sentido, apoiará todas as mobilizacións que convoque a cidadanía en calquera punto do País, como a prevista para este xoves en Burela ou a organizada pola plataforma SOS Sanidade para o próximo 12 de febreiro, “porque o BNG está sempre do lado da xente e preparado para liderar un cambio de rumbo”, concluíu.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



