Ribadeo, 20 de xaneiro de 2023. Concello e Acisa fan un balance moi positivo do traballo realizado ao longo destes días en Fitur 2023.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “ao longo da xornada de onte, xoves, e tamén esta mañá de venres, ademais de participar nos actos organizados pola Deputación de Lugo e tamén na promoción do xeodestino da Mariña, seguimos traballando, establecendo contactos con diferentes operadores turísticos co obxectivo de que inclúan a Ribadeo nos seus circuítos e paquetes turísticos que ofrecen á súa clientela, principalmente a grupos organizados. Para iso puxémoslles en valor e explicámoslles os principais atributos que mellor definen a Ribadeo, como poden ser o noso litoral, as rutas creadas para coñecer as zonas do interior do noso concello, o noso casco histórico en continua rehabilitación, o noso comercio, a nosa hostalería, … Son toda unha serie de valores moi atractivos para quen nos visita. Tamén mantivemos unha reunión moi interesante, que vai dar moitos froitos, coa Rede de Municipios Indianos do Norte de España”.
O edil ribadense engadiu: “agardamos e estamos seguros de que este traballo vai traer uns froitos moi positivos nos próximos meses. E seguiremos así traballando por mellorar o turismo e a actividade de Ribadeo”.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, subliñou o traballo desenvolvido estes días polo Concello e pola asociación empresarial: “puidemos mostrar o potencial turístico da nosa vila a múltiples operadores e axencias de viaxes. Puidemos reforzar a imaxe de Ribadeo como destino turístico para todo o ano, en tempada baixa, fóra do verán e da Semana Santa, con todo o que se pode ofrecer: dende a praia das Catedrais, Ribadeo Ilustrado, Ribadeo Indiano, entre outros diferentes produtos e servizos que ofrece Ribadeo”.
Pérez Prada contou que “pola nosa parte tamén puidemos mostrarlles ás axencias de viaxes e aos turoperadores a ampla oferta de prazas hostaleiras de diferente índole (casas rurais, hoteis de 4 e de 3 estrelas,…) coas que conta Ribadeo; en definitiva todo o que podemos ofrecerlle aos visitantes que veñan, como a oferta de gastronomía dos nosos restaurantes ou da enorme rede comercial que temos en Ribadeo. Creo que demos unha boa imaxe de Ribadeo e levamos a cabo unha boa promoción do municipio, o que considero que repercutirá positivamente no turismo nas vindeiras datas”.
En Fitur estiveron estes días o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



