Viveiro, 20 de xaneiro de 2023. A Semana Santa de Viveiro foi protagonista esta mañá en FITUR na presentación, por parte de Turgalicia, das Festas de Interese Turístico Internacional de Galicia.
No acto, a alcaldesa María Loureiro destacou a singularidade da Semana Santa viveirense, a súa antigüidade, a devoción que rodea cada unha das procesións, e sobre todo agradeceu a implicación de todos aqueles que traballan para mantela como referente do concello.
“A nosa Semana Santa ten oito séculos de antigüidade e non se concibe Viveiro sen ela. É unha celebración meramente relixiosa pero que sabe combinar tamén o turismo, a cultura e a tradición”, subliñou a rexedora.
A Semana Santa de Viveiro é a máis lonxeva de Galicia, chama a atención pola riqueza patrimonial da súa imaxinería e o seu éxito está baseado no compromiso e na participación da veciñanza. “É algo que sempre dicimos e nos gusta destacar, o éxito da Semana Santa de Viveiro débese á implicación de todos os veciños e as veciñas, pois independentemente da súas crenzas relixiosas, non hai ningunha familia na vila que non teña algún membro que participe nela dalgunha forma”, afirmou María Loureiro.
“Tamén e vital o traballo da Xunta de Cofrarías que cada ano saben manter a tradición e tamén adaptarse aos novos tempos”, engadiu a alcaldesa no acto en FITUR.
O Concello asiste en Fitur á presentación do II Congreso Europeo de Semana Santa e Pascua
O Concello de Viveiro asistiu en FITUR á presentación da segunda edición do Congreso Europeo de Semana Santa e Pascua que organiza a “Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua”, entidade da que forma parte dende a súa creación no ano 2019.
A cita terá lugar os próximos días 2 e 3 de marzo no Palazzo Reale y Oratorio di Santa Elena e Costantino de Palermo, en Sicilia, e será a primeira edición que se realizará de maneira presencial.
O tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, destacou a importancia deste Congreso Europeo como punto estratéxico para acadar o recoñecemento como Itinerario Cultural Europeo no que a Rede leva xa tempo traballando.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



