Os populares lembran que as infraestruturas viarias en bo estado son condición necesaria para fixar poboación na zona rural
A Pastoriza, 28 de xaneiro de 2023. As infraestruturas ben planificadas e sometidas a un mantemento periódico e eficaz son condición necesaria para fixar poboación no medio rural. É algo que ou non saben ou non queren saber o alcalde, Primitivo Iglesias (PSOE) e a concelleira Elva Carreira (BNG), porque, noutro caso, non se entende que deixaran que as vías municipais alcanzaran o nivel de deterioro que presentan actualmente. É un problema xeralizado no municipio; é un problema que afecta a unha gran parte dos veciños de A Pastoriza e, como sinalan os populares, entre outros moitos aos residentes na parroquia de Pousada. O PP da Pastoriza reclama ao alcalde que adopte as medidas precisas para reparar canto antes os accesos a esta parroquia.
O PP de A Pastoriza di que circular polas vías municipais na parroquia de Pousada é unha verdadeira tortura. As estradas están cheas de fochancas, algunhas delas de gran tamaño, e hai tramos nos que desapareceu o pavimento nas beiras, polo que estas pistas son aínda máis estreitas nalgúns puntos. Os populares aseguran que a sinalización, máis que escasa, pódese dicir que é inexistente. Circular por estas estradas é incómodo, pero, aínda máis, é perigoso polo mal estado do pavimento e a falta dunha sinalización adecuada.
No PP instan ao socialista Primitivo Iglesias e a concelleira nacionalista Elva Carreira a saír da súa zona de confort e a poñer mans á obra para xestionar a mellora dos accesos a Pousada. Din que os veciños saben ben o abandono a que estiveron sometidos polo goberno local, polo que, aínda que en vésperas electorais acometan a mellora dos acceso a esta parroquia, o PSOE e o BNG non conseguirán xa os réditos electorais que non souberon ganar ao longo do mandato.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



