Veleiro liderará de novo a candidatura que se presentará ás eleccións do vindeiro 28 de maio co respaldo da militancia socialista e “a convicción de que a veciñanza saberá valorar positivamente todo o traballo realizado para sentar as bases dun proxecto de futuro para Vilalba”
Vilalba, 28 de xaneiro de 2023. A asemblea da agrupación socialista de Vilalba vén de ratificar co seu apoio unánime o nomeamento de Elba Veleiro como candidata á reelección nos comicios electorais de maio, depositando unha vez máis a súa confianza na actual alcaldesa, primeira rexedora socialista na localidade.
Tras o fito histórico que levou a Veleiro a liderar o goberno nas pasadas eleccións municipais, arrebatándolle a alcaldía ao Partido Popular tras máis de 40 anos no poder, os socialistas apostan por renovar a confianza dos vilalbeses e vilalbesas para dar continuidade ao proxecto iniciado.
“Foron case catro anos de traballo duro, de ir poñendo ao día a un concello totalmente abandonado e de devolverlle a dignidade institucional que merecen os nosos veciños e veciñas”, afirmou Veleiro, remarcando que “tivemos que facer fronte a unha pandemia mundial que mudou dun día para outro as prioridades, esixindo do noso equipo moito esforzo e trastocando por completo o plantexamento inicial”.
A rexedora e candidata á reelección reafirmouse “no compromiso que teño con Vilalba, que terei e tiven sempre en todo o meu periplo político, e que agora precisa de novo do apoio das nosas xentes para que continúe a decencia política, a transparencia, a dotación de novos servizos, a dinamización social, a boa convivencia e, en definitiva, o progreso de Vilalba, o paso dunha Vilalba en branco en negro a unha Vilalba chea de matices na que cadaquén atope o seu lugar e reciba dos poderes públicos un trato digno e igualitario”.
Médica de profesión, Elba Veleiro colleu o bastón de mando hai preto de catro anos para xerminar o froito do traballo de moitas persoas ao longo de anos, “unha responsabilidade da que son plenamente consciente, agradecendo a todos os homes e mulleres do Partido Socialista que remaron a favor para que puideramos facer realidade un cambio en Vilalba”.
Agora, asume este novo reto “coa ilusión intacta, coa seguridade de que faremos o mellor equipo para seguir gobernando con vocación de servizo á cidadanía e que eu me deixarei a pel por facer deste concello un lugar amable, co máximo benestar e servizos para todos, e poñendo sempre a Vilalba por diante”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



