BARREIROS .- O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga pensa que “a iniciativa do noso grupo apoiada polos outros partidos da oposición para crear unha comisión de seguimento sobre as obras da autovía do Cantábrico parece ser que tivo efecto porque se falou máis estes días dos problemas da autovía que en todos os meses anteriores. Nalgúns casos é complexo e é tarde para actuar”. A Veiga parécelle “curioso que o luns o coche de Protección Civil con persoal do Concello percorrese o tramo de autovía inaugurado a semana pasada para ver cales eran as deficiencias que presenta. Si eso se tivese feito meses antes e a pé de obra estaría moito mellor e poderíanse atallar os problemas moito antes. Os problemas non se solucionan mandando escritos a Fomento, haberá que negociar directamente cos seus responsables e haberá que falar tamén cos responsables das empresas, pero o Concello de Barreiros actúa sempre coa política dos feitos consumados”.
Resposta social
O concelleiro nacionalista di que “somos optimistas sobre a solución destes problemas, porque socialmente sí que hai resposta a este asunto. Os veciños de xeito individual e colectivo, como fixo unha asociación en días pasados facendo un seguimento do tramo das obras da autovía entre San Cosme e Vilamar, están a actuar. Somos optimistas porque haberá unha resposta social forte ao que consideramos que é un atropelo e que ocorre sempre cando se fan grandes infraestruturas porque se ignora á xente dos pobos e das parroquias. Iso aquí non vai ocorrer pola resposta social que está habendo”.
Rede viaria abandonada
Antonio Veiga engade que “tamén coincidimos co que nos din estes días os veciños, porque non é só culpa da infraestrutura, non é só culpa da autovía, de Fomento ou das empresas… o Concello de Barreiros ten moita responsabilidade porque o impacto de todas esas augas de escorrentía que baixaron estes días sería moito menor si a rede viaria local estivera en bo estado, si as cunetas estiveran ben se atenuarían moitos os estragos ocasionados. Desde o BNG vimos denunciando desde hai anos que a rede viaria local está abandonada, a limpeza das cunetas brilla pola súa ausencia, incluso cando se procede á súa limpeza ás veces o que fan é actuar moito máis nos desaugues ao non recoller os roces feitos”.
Brigada de obras
O voceiro nacionalista sinala que “a brigada de obras está infrautilizada e non está ben organizada, incluso o propio concelleiro de Obras (con adicación exclusiva) nós cremos que se ve impotente para organizar toda esa brigada municipal e botamos en falla a creación dun parque de maquinaria axeitado ás necesidades de Barreiros e non nos valen as desculpas de que non temos cartos ou que a Xunta e a Deputación non nos dan. Miren señores, no ano 2006 o Concello de Barreiros ingresou 2 millóns de euros por licencias de obras, cansámonos de repetilo, e non vemos beneficio por ningún lado, e para un concello rural coma o de Barreiros hai que estar enriba do mantemento da rede viaria que é por onde circulan os veciños todos os días e tela en bó estado para evitar o que ocorreu estes días pasados de choiva”. Antonio Veiga explica que “eso si, non se fixo nada con dous millóns de euros, ben traíanse grandes actuacións alí na beira de praia. Ese era o modelo de xestión de Alfonso Fuente e desde logo que non foi nada previsor porque se tiraron foguetes… isto ía ser a panacea e agora a crise imos afrontala a pelo, dado que eses cartos foron dilapidados polo goberno municipal do PP”.
O edil do BNG agarda que “no pleno do luns sexa unánime a creación da comisión de seguimento sobre as obras da autovía, na que estean representados os grupos políticos e as asociacións veciñais para falar coas empresas construtoras e para que o paso desta autovía non deixe inconvenientes e estragos aos veciños”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



