NOTA DE PRENSA
O GRUPO DE GOBERNO SOSPEITA DE QUE A DILACIÓN DA CESIÓN DOS LOCAIS DA CASA DO MAR SE DEBE A “UNHA MAN ESCURA SOCIALISTA”
o As concelleiras de Asuntos Sociais e Educación non descartan que o PSOE cervenses e provincial estea detrás do silencio da Tesourería Xeral da Seguridade Social á solicitude municipal de utilizar os espazos baleiros deste inmoble
o Armada e Pedreira urxen unha pronunciación “inmediata” dos titulares do edificio e lembran que este atraso condicionará o inicio do vindeiro curso do Punto de Atención Infantil
Cervo, 25 de agosto de 2010.- As concelleiras de Asuntos Sociais e Educación, Pilar Armada e Yolanda Pedreira respectivamente, dixeron hoxe non descartar a posibilidade de que os responsables socialistas en Cervo e na provincia estean detrás do “sospeitoso silencio” que mantén a Tesourería Xeral da Seguridade Social sobre a solicitude municipal de uso dos locais baleiros da Casa do Mar de San Ciprián para destinalos a usos municipais e veciñais.
“Resulta canto menos chocante que a día de hoxe -e dende que levamos pedindo formalmente estes locais- non teñamos recibido ningún tipo de contestación nin comunicación sobre a nosa solicitude de facernos cargo dos inmobles que ten este organismo estatal en desuso na casa do Mar para utilizalos en beneficio de toda a veciñanza” recalcaron as concelleiras populares.
As dúas representantes do grupo de Goberno cervense non descartan que detrás desta dilación dun pronunciamento por parte da Seguridade Social estea unha “man escura socialista”. “Non nos estrañaría porque se por algo se teñen caracterizado os socialistas nos últimos anos é polas súas argucias e artimañas para dificultar a labor e a xestión do Goberno local sen importarlles en absoluto o concello nin o ben común dos seus veciños. Así o estiveron facendo cando gobernaron na Xunta e o seguen facendo dende a Deputación e dende calquera organismo oficial que dependa do PSOE” aseguraron.
Para Armada e Pedreira este atraso no pronunciamento da Tesourería Xeral da Seguridade Social terá como principal repercusión o condicionamento do inicio escolar para os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI). “A estas alturas de ano é practicamente imposible poder acadar a nosa pretensión de situar nos baixos baleiros deste edificio o PAI, e iso a pesares de terlle formulado a nosa petición formal á Seguridade Social cunha antelación máis que prudente” sinalaron as edís populares. Neste sentido quixeron tranquilizar aos pais e nais dos nenos que fan uso deste servizo asegurando que o PAI estará en funcionamento o vindeiro mes.
“Paralelamente á espera dunha resposta, estamos tamén valorando as distintas alternativas que temos para iniciar o novo curso, pero o que está claro é que o Punto de Atención á Infancia vai estar en funcionamento o vindeiro mes, como é habitual, e no caso de recibir a resposta afirmativa da Seguridade Social á nosa petición poñeriámonos inmediatamente mans á obra para habilitar os locais e trasladar alí as novas instalacións deste servizo de atención infantil” adiantaron.
PAUS NA RODA
As voceiras do grupo de Goberno local lembraron unha vez máis que o seu obxectivo é racionalizar os espazos e inmobles públicos dispoñibles na Casa do Mar para que tódolos veciños do concello se podan beneficiar “dunhas dependencias que levan dous anos abandonadas sen que os seus titulares se preocupasen polo seu estado en todo este tempo”. Por iso, recomendáronlles aos socialistas “deixarse de andar poñendo paus na roda” e convidáronos a traballar en favor do conxunto dos cidadáns de Cervo “e non só nos seus intereses políticos”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



