NOTA DE PRENSA:
¿A CALIDADE ASISTENCIAL DA MARIÑA É A MESMA DA QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE FAI ALARDE ?
Neste momento, a calidade asistencial no Hospital da Costa é sen lugar a dúbidas a peor na historia deste Hospital. A falta de contratación de persoal facultativo, sanitario e non sanitario para cubrir vacacións, baixas de enfermidade e demais ausencias fan que as plantillas queden reducidas por debaixo dos mínimos, sobrecargando o traballo deste persoal, impedindo así que se presten os máximos coidados aos doentes e fomentando un mal e estresante clima laboral. Inda por riba, non se contrata persoal para os traslados programados senón que se vota man do persoal que está nese momento de turno. Tamén desparecen os reforzos que por escaseo de plantilla se viñan facendo; os contratos que se ofertan aos facultativos son tan malos que os rexeitan, quedando en moitos casos un facultativo asumindo as gardas de todo o mes. A penosidade na contratación neste momento é tan grande que se están a facer contratos ata de 3 horas.
A Consellería de Sanidade en tempos de crise e austeridade ven de gastar un millón de euros nunha campaña publicitaria sobre a modernidade da sanidade, ¿ non sería mellor que este gasto o inverteran en manter unha boa calidade asistencial ?, ou é que tal vez para esta Consellería a modernidade da calidade pasa por ofrecer coidados de baixa ou mala calidade, de derivar cada vez mais pacientes da Mariña a centros privados a facer intervencións cirúrxicas, a si como probas diagnosticas, obrigando os mariñáns a ter que desprazarse fora da súa comarca, promovendo o desmantelamento por parcelas da SANIDADE PÚBLICA a favor dunha Sanidade PRIVADA.
Si isto ocorre neste momento, que pasará cando xa sexamos parte da Xerencia INTEGRADA de Lugo, xa que se prevé que este DECRETO sexa aprobado por este Goberno no mes de outubro ou novembro.
Dende CIG- SAÚDE, esixímoslles a Consellería e a Dirección do Centro, que se cubran as carencias humanas e económicas para que así se poida ofrecer unha Sanidade Pública de calidade NA MARIÑA, se potencie o crecemento da mesma e por suposto se manteña a independencia da nosa area sanitaria






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



