Sábado, 18 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro quere aclarar e explicar aos veciños e veciñas as actuacións levadas a cabo no parque Pernas Peón tralas críticas vertidas polos membros do grupo municipal de Por Viveiro.
Trátase dun proxecto amplo e ambicioso, no que se contemplan varias zonas de actuación, preservando a esencia tradicional do parque, cunha superficie total de tres hectáreas, co obxectivo final de mellorar a calidade deste espazo verde.
Polo momento, a primeira actuación levada a cabo en febreiro de 2022 foi a realización do proxecto por parte da empresa lucense Landelar-Diseño de Espacios Verdes.
En abril do mesmo ano, o equipo redactor enviou a separata da Zona 5 para encaixar o sobrante do importe do proxecto segundo o acordado en Por Viveiro. Nese momento, o Concello púxose en contacto coa empresa para realizar as actuacións, pero por volume dos seus propios traballos, foulle imposible realizalos hasta decembro. Nese mes fíxose unha primeira plantación e entutorado de 14 árbores de diferentes especies.
Deste xeito, execútanse unha parte das actuacións contempladas na zona sueste, para o que, primeiramente, se procedeu á retirada do mobiliario existente que se atopaba en mal estado (bancos e mesas). Esta era a zona que se atopaba máis despoboada, tras a tala que se levou a cabo no seu día por motivos de seguridade.
“Parece que Por Viveiro leva xa tempo en campaña electoral”, subliña Jesús Fernández, primeiro tenente de alcalde de Viveiro e concellero de Facenda, que insiste en que “se está faltando a verdade” á hora de falar de “falta de programación e de proxecto” con respecto a esta zona. “Non é verdade o cálculo que fan do gasto de cada árbore”, engade.
O coste da plantación varía segundo a especie variando dende os 159 euros de cada roble aos 57 do castaño ao que se engade os gastos da retirada do mobiliario (1.598,89€) ou o entutorado (296,52€). A factura total ascende ata os 5.035,66€ cos conceptos derivados deste tipo de procedementos.
“Parece mentira que se cheguen a estas argucias porque Por Viveiro é perfectamente coñecedor do proxecto que existe para o parque xa que foron informados no seu momento e contan, ademais, cunha copia del”, afirman dende o Concello.
O Concello de Viveiro prevé continuar co plan integral de actuación no parque Pernas Peón con accións como a plantación do céspede e doutras catro árbores, que se farán na primavera. De feito progresivo, continuarán executándose os traballos contemplados no proxecto, que se divide en cinco zonas, un camiño principal e unha praza central. A intención é realizalo en fases a medida que se dispoña de liquidez orzamentaria. Neste senso, a intención é poder incluir unha partida da subvención procedente dos fondos Next Generation que se están en trámites de solicitar.
O grupo de goberno detalla que o importe completo previsto para o plan do parque Pernas Peón é de 1.268.028,77€.
























O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



