Centenares de persoas asistiron esta madrugada en Ribadeo ao sorteo de premios celebrado na praza da Fonte Nova, entre todas as persoas que consumiron na hostalería local, á que tiñan que acudir disfrazados. Susi Álvarez foi a mestra de cerimonias. Foron sorteados 3 premios de 100 euros en metálico cada un doados polas charangas Aturuxo e A Choca. E un premio de 120 euros en metálico aportado polos locais da zona vella de Ribadeo. No acto de entrega participaron representantes das charangas (Mar e Tochi), ademais da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Centenares de persoas asistiron en Ribadeo ao sorteo de premios celebrado na praza da fonte nova
Centenares de persoas asistiron en Ribadeo ao sorteo de premios celebrado na praza da fonte nova
Relacionado
-
Este luns comeza un curso preparatorio para o exame de competencias clave de nivel 2 que organiza o Concello de Ribadeo
-
O BNG de Ribadeo volve demandar desculpas públicas á concelleira de Benestar Social despois do sucedido na visita ao balneario no 8 de Marzo pasado
-
Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo