Castro denunciou as esperas de máis de dous anos por unha consulta en cardioloxía, de catro meses por unha biopsia, e casos como que Viveiro “chegue a quedar con un só médico para 16 mil habitantes” ou Ribadeo “quede en agosto con soamente un equipo médico para 14 mil habitantes”
Santiago de Compostela, 22 de febreiro 2023. O BNG denunciou hoxe no Pleno a situación de discriminación e precarización ao que o Goberno do PP somete á Mariña lucense debido a falta de coberturas das baixas e períodos de descanso das prazas do persoal facultativo nesta comarca.
“A xente na Mariña está farta”, criticou o deputado ribadense, Daniel Castro, “farta de que lle quitasen a Área Sanitaria e farta de que cando lle poñen enriba da mesa casos como os de xente que agarda máis de dous anos por unha consulta en cardioloxía”, agravios e esperas os aos que se lles suma “os catro meses de agarda por unha biopsia” e a situación de concellos como Viveiro, “que queda cun só médico para 16 mil habitantes”, ou Ribadeo, “que queda en agosto con soamente un equipo médico para 14 mil habitantes e desprazados”. Isto, recriminou, provoca “que en calquera concello no que haxa unha baixa médica ou vacacións xa se asuma que iso vai supoñer contar con menos sanitarios”.
Unha das situacións onde é máis evidente o talante precarizador do Goberno do PP, detallou Castro, é a pediatría “nun País no que moitos nenos e nenas mariñás coma en seguen sen coñecer ao seu pediatra”, criticou.
De feito, sinalou como esta política provoca que “os pais e nais que poden apostan directamente pola pediatría privada”, caso do concello de Burela por exemplo, “onde xa se pasou directamente a ir á pediatra de San Cibrao e o efecto dominó fai que a pediatría en San Cibrao colapse, xa que tamén atende a Xove”, denunciou, sinalando que concellos como Viveiro, o máis poboado da Mariña, siga tamén sen pediatra, “vostede considera que esta situación é normal?”, inquiriu ao conselleiro de Sanidade.
Castro fixo referencia ao clima de oposición das galegas e galegos á política sanitaria dos Populares “que é o que vai dicir da xente que se manifestou o 19 de xaneiro en Burela. Eramos todos cargos do BNG? Era unha homilía? Ían enganados? Eran autómatas?”, preguntou ao conselleiro de Sanidade, García Comesaña, para concluír emprazando ao Goberno do PP a a tomar medidas, a contratar e a investir “máis diñeiro na sanidade pública”.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



