Burela, 24 de febreiro de 2023. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou este venres as actuacións que Costas acometerá proximamente na praia do Portelo, onde se instalará unha rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso.
O rexedor contou que “de acordo con Costas do Estado vamos facer unha mellora substancial, vistosa e que vai chamar a atención porque vai ser moi singular na nosa praia do Portelo. Vanse facer unha serie de instalacións que espero que estean listas xa para que na Semana Santa poida ser empregada por todos os usuarios que se acheguen a esta praia”.
Llano explicou que “as melloras que se van facer consisten basicamente nunha rampla para facilitar que aquelas persoas que o necesiten poidan baixar nunha cadeira de rodas ou sinxelamente permitir a baixada á praia dunha maneira segura. Vaise preparar unha rampla con bos materiais pois levará adoquíns, madeira e unha serie de elementos que van resaltar e dar unha vistosidade grande á praia. Tamén se vai facer outra obra para crear unha zona de descanso, que servirá para mellorar a estética, a funcionalidade e a seguridade e será un lugar no que os usuarios poderán sentarse ou cambiarse de roupa, para facilitar aquelas dinámicas que se empregan nas praias”.
O alcalde de Burela dixo que “con estas dúas actuacións queremos mellorar moito a rampla de baixada, empregando materiais moi duradeiros, o que contribuirá á estética e á funcionalidade da praia. Isto vai agradar as posibilidades do areal do Portelo, que queremos que sexa un atractivo máis do noso concello porque pouco a pouco vaise consolidando como unha praia segura e bonita, que merece a pena visitar”.
E engadiu: “vamos solicitar a bandeira azul para esta praia, igual que para A Marosa”.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


