“Temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema do despoboamento e do deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos. Asumo este cometido cunha gran responsabilidade para volver a sermos o municipio referente da comarca”, afirmou
A Fonsagrada, 3 de marzo de 2023. O empresario do sector da hostalería e da alimentación natural da Fonsagrada e actual concelleiro do PP neste municipio, Bernardo Niño, encabezará a lista da formación popular de cara ás vindeiras eleccións de maio. E, faino, dixo, “co fin de dar a estabilidade que precisa o Concello”. O popular referiuse así “ao desgoberno que protagonizan na actualidade PSOE e BNG, marcado pola confrontación e pola falta de entendemento, o que repercute, remarcou, nunha falta de xestión clara”.
O alcaldable agradeceu a confianza da dirección provincial, así como a participación na súa presentación da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. Neste senso, destacou que “temos que ser a alternativa”. “A Fonsagrada non pode continuar cuns dirixentes que nin xestionan, nin crean servizos e, moito menos, cun goberno no que cada un vai polo seu lado. Isto vémolo todos os fonsagradinos. Por iso, asumo este compromiso e o de facer un bo equipo no que o traballo sexa a nosa folla de ruta para dar resposta ás necesidades das parroquias e tamén do núcleo urbano”, manifestou.
Niño Neira, como empresario e concelleiro ten experiencia na xestión e é coñecedor dos problemas que afecta ao municipio e aos seus veciños. “Temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema que temos co despoboamento e co deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos. Asumo, pois, este cometido cunha gran responsabilidade para volver a sermos o municipio referente da comarca”, sinalou.
PAULA PRADO: “A FONSAGRADA MERECE E NECESITA UN GOBERNO DO PP”
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixo poñer en valor a “experiencia” de Bernardo Niño e o seu “coñecemento dos problemas que afectan ao municipio e aos veciños”, e mostrouse convencida de que “o próximo 28 de maio os veciños da Fonsagrada terán por fin o goberno que merecen e necesitan” da man do candidato popular.
Recordando que nas últimas eleccións o PP foi a forza máis votada neste municipio, a número dous dos populares galegos animou a Bernardo Niño e ao seu equipo a “coller toda as forzas, as ganas e a ilusión para conseguir obter a maioría absoluta que permita á Fonsagrada tinguirse de azul”.
Asegurou tamén que votar ao PSOE nas eleccións municipais supón “votar a favor de Pedro Sánchez e das súas políticas”, polo que “o 28 de maio os fonsagradinos terán a oportunidade de dicir non ao socialismo e a Pedro Sánchez e de dicir si á estabilidade, á responsabilidade e á política útil que representa o PP”.
“Os veciños da Fonsagrada merecen e necesitan un goberno do PP porque levamos anos sendo un referente en Galicia, agora con Alfonso Rueda á fronte e moi pronto, da man de Alberto Núñez Feijóo, un referente para toda España”, concluíu.
EN CLAVE DEPUTACIÓN
Mentres, dedde a dirección provincial agradeceron a disposición do alcaldable, “pois estamos nun Partido Xudicial clave para outro dos retos que temos como partido, acadar a gobernabilidade na Deputación de Lugo”.
Así o manifestaron tanto o secretario xeral, Javier Nodal, como o coordinador xeral, José Manuel Balseiro. “Os veciños da Fonsagrada teñen que saber que apoiar ao PP é apostar polo cambio; o contrario é continuar cuns dirixentes que só se unen para acadar a Alcaldía ou a presidencia da Deputación, pero despois á hora de gobernar nin eles mesmos se entenden. Todos coincidimos en que os veciños deste municipio non merecen un goberno que nin sequera se entende para aprobar os Orzamentos”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



