Burela a 8 de marzo de 2022. Onte as mulleres que traballamos no SERGAS tivemos o “privilexio” de ser felicitadas por ser unha das 34.133 mulleres que traballamos para mellorar a sanidade pública galega. O certo é que a mellora da sanidade pública galega pasa pola precariedade laboral e falta de dereitos.
A temporalidade no SERGAS, a rotación en distintas unidades nun mesmo contrato, as dificultades na conciliación, a falta de protección no embarazo ou na lactación, a discriminación nas retribucións en situacións relacionadas co embarazo, as dificultades en desfrutar vacacións e permisos no persoal eventual, a falta de servizos de garderías que faciliten a conciliación, a falta de protocolos específicos para o acoso sexual… son algunhas das tarefas pendentes en materia de igualdade para as traballadoras do SERGAS, que xa teñen a penosidade engadida de ter que desenvolver o seu traballo en quendas rotatorias, horarios nocturnos e fines de semana para asegurar a atención 365 días do ano 24 horas do día.
A igualdade no SERGAS é unha materia pendente, as traballadoras do SERGAS reclamamos que se defenda a quen coida, a quen traballa por unha sanidade pública de calidade. Os aplausos, os SMS, ou os correos de “felicitación” deben deixar paso a implantación de medidas que melloren as nosas condicións laborais e faciliten a conciliación da vida laboral e familiar.
Mentres ser muller no SERGAS xustifica que hoxe 8 de marzo non sexa un día de celebración senón un día de loita na conquista dos dereitos da muller traballadora.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


