A través da marca Artesanía de Galicia, varios artesáns deste concello conseguiron introducir os seus produtos no mercado europeo coa súa participación en diferentes edicións da feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo
Riotorto, 23 de marzo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, participou esta mañá na presentación da XIV edición da Feira do Ferro que se celebrará en Riotorto o próximo 16 de abril, despois de tres anos. O evento está organizado polo Concello e pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e conta co apoio da Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, cunha achega económica de 10.000 euros.
Durante a presentación, o delegado destacou a relevancia deste evento como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro, como espazo para que as novas xeracións atopen referentes do oficio, como visibilizador desta artesanía de cara á sociedade e aos consumidores, ademais de como dinamizador económico e cultural da comarca. Destacou tamén o compromiso da Xunta coa Feira do Ferro de Riotorto, coa que colabora dende a súa creación no ano 2007 e na que xa leva investidos preto de 80.000 euros.
Internacionalización
Os obradoiros artesanais de Riotorto Jomaca e Maf Artesanía, especializados na elaboración de coitelos, participaron en diferentes ocasións na feira profesional de decoración Formex, que se celebra en Estocomo (Suecia), da man de Artesanía de Galicia.
A través da Fundación Artesanía de Galicia, as pezas destes dous obradoiros formaron parte do stand institucional que a marca presentou nesta feira de referencia no mercado nórdico entre os anos 2017 e 2020, coa que se buscaba impulsar a comercialización do produto artesán galego nos mercados de toda Europa.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



