A institución provincial iniciou no prazo anunciado polo Presidente, José Tomé Roca, unhas obras nas que inviste 314.000€, entre a reparación da ponte, que colapsou polas fortes choivas, e obras de acondicionamento no resto da estrada, a LU-P-1706, que une Castro de Rei e Cospeito
Lugo, 24 de marzo de 2023. A Deputación de Lugo cumpre cos veciños e veciñas de Castro de Rei e avanza no arranxo do Pontello dos Lobos. A institución provincial iniciou no prazo anunciado polo Presidente, José Tomé Roca, unhas obras nas que inviste 314.000€, entre a reparación da propia ponte, que colapsou polas fortes choivas, e obras de acondicionamento no resto da estrada, a LU-P-1706, que une Castro de Rei e Cospeito.
A Voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, supervisou este venres a execución dos traballos. Xa se demoleu a estrutura danada, está colocado o novo marco prefabricado de formigón e agora trabállase no recheo e na instalación dos muros de contención do terraplén para comezar nos vindeiros días co estendido do aglomerado.
García Porto subliñou que a Deputación actuou coa máxima axilidade posible para resolver os danos provocados por inclemencias meteorolóxicas, incidindo en que se trata dunha obra “moi importante para a veciñanza de Castro de Rei e de Cospeito, pero tamén da comarca, porque esta é a comunicación máis directa entre ambos concellos, e ademais dá servizo a varias explotacións gandeiras”.
A Deputación destina 315.000€ ó Pontello dos Lobos e, a maiores, cun investimento de 164.000€, renovará o asfalto dun treito da estrada de 1,3 quilómetros ao seu paso por Castro de Rei, en concreto, entre os puntos quilométricos 7,3 e 8,6. Ademais, á altura do concello de Cospeito procederá ao bacheo de varios tramos. Por último, renovará o pintado da totalidade da estrada.
3,3M€ en Castro de Rei
Co investimento nesta estrada, a Deputación dedicou dende o ano 2019 ata a actualidade ao concello de Castro de Rei máis de 3,3M€ para dotar de máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas. Boa parte dos fondos da institución provincial dedicáronse ás infraestruturas, ao fomento do emprego e ás políticas sociais.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



