Nota de Prensa
BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO A III SARDIÑA POPULAR QUE ORGANIZA O CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN OS CENTOLOS DE A MARIÑA. NO ENVENTO VANSE REPARTIR DE XEITO GRATUITO 500 KILOS DE SARDIÑAS E 150 DE PAN.
Burela, 1 de setembro de 2010. Burela acollerá o vindeiro sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular. Neste evento, organizado polo Concello, a través da Delegación do Mar, e en colaboración coa asociación Os Centolos de A Mariña, repartiranse gratuitamente sardiñas e pan.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, a concelleira do Mar, Remedios López, o edil de Obras, Pascual Doménech, e o presidente de Os Centolos, Manuel Vidal, presentaron no Concello o evento. López Villar explicou que “dende a Concellería de Mar de Burela organízase para o sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular que terá lugar a partires das19.30 horas da tarde no peirao. Unha cita que está sendo xa un clásico co que contan os veciños para rematar o verán”
A edil socialista engadiu que “a Asociación Os Centolos de A Mariña colaborará nos traballos de asado e distribución. Temos previsto repartir 500 kilos de sardiña e 150 kilos de pan gratuitamente a todo o público en xeral”. Remedios López convida “a toda a xente de Burela que se anime a baixar ao porto a degustar un día máis un produto típico como é neste caso a sardiña”.
A Delegación de Obras, que dirixe Pascual Doménech, presta a loxística de mesas e cadeiras e o persoal para a súa montaxe.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



